Alfonso Cela Vieito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfonso Cela Vieito
AlcumeCelita
Nacemento11 de xullo de 1885
Lugar de nacementoCarracedo
Falecemento26 de febreiro de 1932
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntoureiro
editar datos en Wikidata ]

Alfonso Cela Vieito, nado en Carracedo (Láncara) o 11 de xullo de 1885 e finado en Madrid o 26 de febreiro de 1932, foi un toureiro coñecido como "Celita", o único galego da historia en tomar a alternativa.

Vida e carreira[editar | editar a fonte]

Naceu nunca familia humilde, e á morte do seu pai emigrou a Madrid, en 1896. Alí comezou a traballar de carniceiro e a interesarse pola tauromaquia. O seu irmán Claudio Cela, e o seu sobriño Alfonso Cela Martín, tamén tourearon, pero nunca tomaron a alternativa.

A súa carreira como matador de touros comezou en 1906 polas provincias de Soria e Segovia. En 1909 toureou por primeira vez en Madrid, no vello coso de Tetuán. A alternativa de "Celita" tivo lugar na antiga Praza de Touros da Coruña o 15 de setembro de 1912, tendo como padriño a Manuel Bienvenida. Alfonso Cela tivo unha grande actuación en Barcelona o 12 de xullo do ano 1914 matando el só 6 touros.

Os seus mellores anos foron entre 1914 e 1917. En 1916 confirmou a súa alternativa en Madrid. Ese ano participou en 23 festexos. A súa primeira actuación en México foi o 24 de outubro de 1920, na praza El Toreo. O 5 de maio de 1921 foi ferido con gravidade nun glúteo toureando en Madrid. A súa derradeira corrida foi o 25 de xuño de 1922, en Madrid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]