Alfonso Armada Rodríguez
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alfonso Armada.
Alfonso Armada Rodríguez, nado en Vigo en 1958, é un xornalista e escritor galego en lingua castelá e en lingua galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Participou como actor na curtametraxe Os paxaros morren no aire (1977) e na longametraxe Eu, o tolo (1979) de Chano Piñeiro. Foi durante seis anos correspondente de ABC en Nova York.
[editar] Obra en galego
[editar] Poesía
- Escuma dos adentros (1997, Sotelo Blanco).
- Pita velenosa, porta dos azares (2002, Deputación de Pontevedra).
- Haikús da Costa da Morte (2007, carpeta con obras orixinais de Antón Patiño).
- TSC. Diario da noite (2009, Xerais).
[editar] Obra en castelán
- Cuadernos africanos (1999 e 2002).
- España, de sol a sol (2001), con fotografías de Corina Arranz.
- El rumor de la frontera (2006), coa fotógrafa Corina Arranz. Viaxe ó largo da fronteira entre Estados Unidos e México.
- Nueva York, el deseo y la quimera (2007).
- El sueño americano. Cuaderno de viaje a la elección de Obama (2009).
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Gran Enciclopedia de España (2003) Madrid.- ISBN 84-923944-3-9