Alfons Alzamora
| Lleida Bàsquet – No. 14 | |
| Pivote | |
| Nacemento | 20 de maio de 1979 (34 anos) |
|---|---|
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 106 kg (233 lb) |
| Liga | |
| Canteira | Español Palma Mallorca |
| Internacional | 23 veces |
| Carreira | dende 1997 |
| Equipos |
|
| Premios |
1× Euroliga (2003) |
Alfons Alzamora Ametller, nado o 20 de maio de 1979 en Palma de Mallorca, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga para o Lleida Bàsquet da Liga LEB. Mide 2,06 metros, pesa 109 kg e xoga na posición de pivote.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formado nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutou na Liga ACB o 21 de setembro de 1997, con 18 anos. Durante tres anos combinou as súas actuacións no Barcelona B co primeiro equipo. Na tempada 1998-1999 participou na consecución da Copa Korać. Tras un ano de cesión no Caprabo Lleida da Liga LEB, en 2001 regresou ao FC Barcelona de Svetislav Pešić, onde xogou dúas tempadas. Nese período participou na consecución da Euroliga, unha Liga ACB e unha Copa do Rei de Baloncesto.
En 2003 fichou polo Club Joventut de Badalona, onde xogou unha tempada, para pasar a xogar despois co Leite Río Breogán as dúas seguintes tempada (2004-2006). En agosto de 2006 asinou co Vive Menorca e posteriormente co Ricoh Manresa.
Clubs [editar]
- FC Barcelona (categorías inferiores)
- 1995-1997: FC Barcelona Junior
- 1997-2000: FC Barcelona (Liga EBA) y FC Barcelona
- 2000-2001: Caprabo Lleida (Liga LEB)
- 2001-2003: FC Barcelona
- 2003-2004: Club Joventut de Badalona
- 2004-2006: Leite Río Breogán
- 2006-2007: Vive Menorca
- 2007-2011: Ricoh Manresa
- Dende 2011: Lleida Bàsquet
Palmarés [editar]
Títulos internacionais de selección [editar]
- Medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de Tunisia 2001, con la Selección de baloncesto de España B.
- Medalla de prata no Eurobasket cadete de Lisboa 1995, coa Selección española cadete.
Títulos internacionales de club [editar]
- 1 Euroliga: 2002-2003, co FC Barcelona.
- 1 Copa Korac: 1998-1999, co FC Barcelona.
Títulos nacionales de club [editar]
- 1 Liga ACB: 2002-2003, co FC Barcelona.
- 1 Copa do Rei: 2002-2003, co FC Barcelona.