Alfa Tucanae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfa Tucanae
Constelación Tucana
Ascensión recta α 22h 18min 30.18s
Declinación δ -60º 15’ 34.2’’
Distancia 199 ± 7 anos-luz
Magnitude visual +2,87
Magnitude absoluta -1,05
Luminosidade 424 soles
Temperatura 4300 K
Masa 2,5 - 3 soles
Raio 37 soles
Tipo espectral K3 III
Velocidade radial +7,1 km/s

Alfa Tucanae (Alpha Tucanae) (α Tuc / HD 211416 / HR 8502)[1] é a estrela máis brillante da constelación de Tucana, cunha magnitude aparente +2,87. Formando 30º do polo sur celeste, non é observábel no hemisferio norte por encima da latitude 30º. O corpo está a 199 anos luz de distancia do Sistema Solar.

Características[editar | editar a fonte]

Alfa Tucanae é unha xigante laranxa de tipo espectral K3 III cuxa luminosidade é 424 veces maior que a luminosidade solar. A súa temperatura superficial é de 4300 K e o seu raio é 37 veces máis grande que o do Sol. Estas observacións, combinadas coa teoría de evolución estelar, indican que ten unha masa comprendida entre 2,5 e 3 veces a masa solar.[2]

Nas estrelas xigantes, a fusión nuclear de hidróxeno que ten lugar arredor do núcleo de helio, unido a procesos de convección, altera a composición química das súas superficies. Este efecto é claramente apreciable en Alfa Tucanae, onde se observa un empobrecemento de carbono, que nesta clase de estrelas serve como catalizador na transformación de hidróxeno en helio, así como un enriquecemento de nitróxeno, tamén xerado neste proceso.[2] Polo contrario, no Sol, o helio créase a través dun proceso máis directo, denominado fusión protón-protón.

Alfa Tucanae é unha binaria astrométrica, é dicir, a estrela acompañante non foi observada directamente, senón que se detectou por cambios no movemento propio da estrela principal. O período orbital é de 11,5 anos[3] e, se a compañeira fora unha anana de baixa masa, a separación entre ambas estaría en torno ás 7,5 UA.

Notas[editar | editar a fonte]