Alexei Troitzky
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Alexei Troitzky | |
|---|---|
| Nacemento: | 14 de marzo de 1866 |
| Falecemento: | Agosto de 1942 |
| Nacionalidade: | Rusa |
| Ocupación: | Xogador de xadrez |
Alexei Alexeievich Troitzky ou Troitsky, nado o 14 de marzo de 1866 e finado en agosto de 1942, foi un xadrecista ruso.
[editar] Traxectoria
É considerado un dos mellores compositores de estudos sobre finais en xadrez. Morreu por inanición no sitio de Leningrado, durante a Segunda Guerra Mundial, no cal as súas notas foron destruídas.
Un dos seus traballos máis famosos é a análise do final de dous cabalos contra un peón. Determinou que, a pesar de que dous cabalos non poden dar xaque mate ao rei por eles mesmos, a presenza dun peón contrario que exceda a "Liña Troitzky" permite o mate, xa que evita as táboas por afogamento do rei adversario.