Alexandre Kuprin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alexander Ivanovich Kuprin (Александр Иванович Куприн); (nado en Narovtchat (goberno de Pensa), o 7 de setembro de 1870 (26 de agosto de 1870 do calendario ruso antigo); falecido o 25 de agosto de 1938 en Leningrado, actual San Petersburgo ), foi un escritor ruso. Entre as súas obras máis salientables atópanse os relatos Moloch (1896), Olesia (1898), O Duelo (1905), Esmeralda (1907), e O brazalete de granates (1911).
Índice |
[editar] Vida
Kuprin foi fillo dun funcionario e dunha nobre empobrecida da familia de orixe tártara dos principes Kulanchakov. O pai morreu sendo él neno, e Kuprin e súa mai trasladáronse a Moscova , onde o futuro escritor estudiou entre 1877 e 1880 nun ximnasio privado, completando os seus dez anos seguintes de formación, ata 1890, en diversas escolas militares, preparándose para ser oficial do exercito. En 1894 deixou a carreira militar, despois dun incidente cun policia que provocou que fora reprendido polos seus superiores, e comezou unha longa serie de traballos entre eles periodista nun diario provincial, actor (mesmo nun circo), cantante de igrexa e cazador. Establecido en Kiev, dedicouse xa en exclusiva á literatura, publicando relatos e ensaios en varios periódicos da capital ucraínesa, entre eles un ciclo de narracións marcadas polo forte realismo e centradas nas vidas das xentes correntes do seu entorno. En 1899 coñeceu a Antón Chekhov que influiu poderosamente na súa obra. O ano 1901, Kuprin trasladouse a San Petersburgo, onde ía escribir algúnhas das súas mellores obras, entre elas, "No circo" (1902), moi loubada por Lev Tolstoi.
En 1902 comezou a amizade con Maxim Gorki , ó que dedixcou a novela "O Duelo" (1905). Kuprin simpatizou coa primeira revolución rusa (1905-1907), que inmortalizou nalgúnhas das súas obras. En 1905 atopábase en Sebastópol cando o vicealmirante Chukhnin reprimiu a insurrección dos mariñeiros do cruceiro Otchakov e axudou personalmente a salvar de afogarse a algúns dos mariñeiros sobrevivintes.
Tra-lo fracaso da revolución, Kuprin afastouse de Gorki e o seu círculo, calificando posteriormente esa época da súa vida como "periodo das grandes decepcións". O relato de espías O xove Capitán Rybnikov (1906), considerada por algúns a súa obra máis perfecta, marca o inicio dunha época de menor dedicación á literatura, que coincide coa vida cada vez máis disipada do autor, que pasaba boa parte do seu tempo en tabernas e burdeles. Malia iso, segue a escribir e produce obras mestras como "Sulamif" (1908), "A boda" (1908) e "O brazalete de granates" (1911). Fixo unha longa viaxe polo oeste de Europa, reflexada na colección de contos de viaxes "A costa azul vidriada” (1912). Entre 1909 e 1915 apareceron as dúas partes da súa novela "O foxo", na que describe cun naturalismo descarnado a vida cotiá das prostitutas rusas.
Despois de Revolución de Outubro de 1917 traballou na editorial "Literatura do mundo", fundada por Gorki, publicando artigos nos que por un lado glorificaba a revolución e ós seus líderes, e por outro amosaba os seus temores perante a "barbarie cultural" dos bolxeviques. En decembro de 1918 Kuprin entrevistouse con Lenin ó que propuxo a publicación dun xornal cultural. No outono de 1919 atopábase na poboación de Gatchina, nos arrabaldos de San Petersburgo, cando esta foi sitiada polas tropas contrarrevolucionarias do xeneral Iudenich. Kuprin decidiu aproveita-la situación para emigrar coa súa familia, reacción non se sabe se meditada previamente ou non. Dende finais de 1919 viviu principalmente en París , onde tomuo parte nas actividades políticas dos rusus emigrados e escribiu artigos e panfletos antisoviéticos. Dende mediados dos anos vinte foise retirando da actividade política buscando os medios de sacar á súa familia da situación precaria na que se atopaba, agravada polo alcoholismo do escritor. Escribiu numerosas obras por encargo, incluídos contos, ensaios históricos e descricións da paisaxe rusa.
En maio de 1937, no momento culminate da Gran Purga, regresou a Moscova, xa moi enfermo. Kuprin, que nunca acabou de superar o afastamento da súa terra, desexaba probablemente ser enterrado nela. Segundo a versión oficial, Kuprin aceptara os postulados do socialismo. Foi recibido cordialmente, concedéuselle unha vivenda propia e levantouse a prohibición da publicación das súas obras. Morreu na primavera de 1938 en Leningrado e está enterrado a carón doutros escritores no cemiterio de Volkovo da antiga capital rusa. Un planeta menor, descuberto polo astrónomo soviético Nikolai Stepanovich Chernykh en 1979, recibiu o nome de 3618 Kuprin, en recordo do escritor.
[editar] Kuprin como escritor
Kuprin foi un dos derradeiros representantes do realismo ruso que se ocupou do tema das inxusticias da sociedade protocapitalista e centrou a súa atención nas capas baixas da sociedade. A súa obra desenroluose so as influencias conxuntas de Tolstoi e Chekhov e , durante un periodo, a de Gorki. Entre 1907 e 1917 escribiu dentro das correntes naturalistas, que rexeitaría posteriormente. Kuprin interesouse pola psicoloxía do "home corrente" e polas situacións cotiás da vida. Foi un escritor de inclinacións humanistas, que pasou contas co seu pasado da academia militar en numerosas obras coma nos libros "Os cadetes"(1900) ou "Junker" (1928-1932). As súas obras máis logradas son os relatos curtos, onde poucas frases lle abondan para desenrolar personaxes e entornos e xogar coas asociacións.
O seu amor pola natureza (dentro dos seus primeiros contos hai varios dedicados a cabalos e outros animais) e os acontecementos que o afectaron, forneceron o material para as súas narracións. Mostra do primeiro son contos coma "A caza das pitas do monte", "O lobisome" ou "O bosque escuro"; do segundo, os relatos "O lostrego negro", "O capitán Rybnikov", "O río da vida", e "Kismet". Durante os anos en Francia escribiu elocuentes descricións da súa terra de acollida.
[editar] Bibliografía
- V.Afanasiebv. Kuprin. Relato crítico-biográfico Moscova, 1960. (en ruso)
- Fedor Kuloshov: Tvorcheskii put’ A.I. Kuprina. MVSSO, Minsk 1963.
- Nicholas J. Luker: Alexander Kuprin. Twayne Publishers, Boston, Mass. 1978, ISBN 0-8057-6322-8.

