Alexander Cummings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alexander Cummings foi un reloxeiro escocés ao que se atribúe a invención da cadea do retrete. Esta primeira patente para a cisterna do váter foi acadada por Cummings en 1775. Trátase en certa maneira do precedente do retrete moderno, permanecendo unha pequena cantidade de auga no tubo logo de cada tiro da cisterna, evitando deste xeito a ascensión dos cheiros ao cuarto e por extensión á vivenda. Cómpre salientar que John Harington xa inventara unha cisterna como tal en 1596, mais sen a trampiæa para manter a auga.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas