Alexander Baranov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexander Baranov

Alexander Andreevich Baranov ou Александр Андреевич Баранов en ruso, nado en Kargopol en 1746 e finado en Batavia en 1819, foi un explorador e comerciante ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Baranov escapou da casa aos quince anos e converteuse nun comerciante de éxito en Irkutsk, interesado na Rusia americana, agora Alasca polo aumento do comercio nesa rexión, estableceuse alí, entre 1799 e 1818 foi o director da Compañía Ruso-Americana, favoreceu a expansión rusa no Pacífico, interándose por California, preocupado polos nativos abriu escolas, pero entrou en conflito cos misioneiros ortodoxos, que frecuentemente denunciaban a explotación dos nativos polos comerciantes de peles. Morreu durante a viaxe que o levaba de volta á Rusia.