Alex Oxlade-Chamberlain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alex Oxlade-Chamberlain
Oxlade-Chamberlain quentando co Arsenal en 2012.
Información persoal
Nome Alexander Mark David
Oxlade-Chamberlain
Nacemento 15 de agosto de 1993 (30 anos)
Lugar de nacemento Portsmouth
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Liverpool
Número 15
Carreira xuvenil
2000–2010 Southampton
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2011 Southampton 36 (9)
2011–2017 Arsenal 132 (9)
2017– Liverpool 32 (3)
Selección nacional
2010 Inglaterra sub-18 1 (0)
2011– Inglaterra sub-19 3 (0)
2011– Inglaterra sub-21 8 (4)
2012– Inglaterra 32 (6)
Na rede
http://alexoxladechamberlain.com/
Facebook: alexoxchamberlain Twitter: Alex_OxChambo Instagram: alexoxchamberlain Snapchat: alex_ox15 UEFA: 250021048 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 21 de abril de 2018.
Selección: actualizado a 31 de marzo de 2018.editar datos en Wikidata ]

Alexander Mark David "Alex" Oxlade-Chamberlain, nado o 15 de agosto de 1993 en Portsmouth, é un futbolista inglés. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Liverpool FC da Premier League inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Oxlade-Chamberlain chegou ás categorías inferiores do Southampton F.C. con só sete anos, e fixo o seu debut coma profesional no ano 2010. O 2 de marzo de 2010 fixo o seu debut co primeiro equipo á idade de 16 anos e 199 días, saíndo do banco na vitoria do seu equipo por 5-0 contra o Huddersfield Town F.C.[1]

O 8 de agosto de 2011, anunciouse a súa fichaxe polo Arsenal F.C. a cambio de 12 de millóns de dólares, que poderían chegar a 15 millóns en función dalgunhas variables.[2] Fixo o seu debut co Arsenal o 28 de agosto de 2011, na derrota por 8-2 contra o Manchester United, saíndo no minuto 62 en substitución de Francis Coquelin.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Southampton 5 Huddersfield 0". BBC Sport. 2 de marzo de 2010. 
  2. "Oxlade-Chamberlain seals move to Arsenal". Arsenal FC. 8 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2011. 
  3. McNulty, Phil (29 de agosto de 2011). "Man Utd 8 - 2 Arsenal". BBC Sport. Consultado o 30 de agosto de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]