Alex Kidd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alex Kidd foi o personaxe mascota da compañía de videoxogos Sega antes de que o fora Sonic o ourizo.

Sairon xogos seus para máquina recreativa, Sega Pico, Sega Master System e Sega Mega Drive/Sega Genesis.

O seu primeiro xogo, Alex Kidd in Miracle World, foi lanzado en 1986. Moitos fans da Master System considérano un auténtico clásico da época dos 8-bit.

Xogos[editar | editar a fonte]

A partir de 1991, Sega cambiou de mascota a favor de Sonic, buscando un personaxe que conseguira unha maior popularidade, có obxectivo de aumentar as vendas da súa nova consola.