Alex Bunbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alexander ("Alex") Bunbury (nado o 18 de xuño de 1967 en Plaisance, Güiana) é un ex-futbolista profesional canadense. Como dianteiro do CS Marítimo portugués, bateu tódolos récords ao marcar 59 goles en 165 partidos durante a súa estadía no club. Ademais, participou na Selección canadense, coa que marcou 17 goles.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alex xogou como futbolista profesional durante 15 anos en Inglaterra, Portugal, Canadá e Estados Unidos, criándose orixinalmente en Hamilton, Ontario. Bunbury comezou a súa carreira profesional xogando cos Hamilton Steelers (1987-90), Toronto Blizzard e Montreal Supra da (antiga) Canadian Soccer League. El foi suplente no club inglés do West Ham United, onde xogou tan só seis encontros en tódalas competicións co equipo.

Bunbury foise ao CS Marítimo en 1993 onde se estableceu durante seis tempadas como un dos máis coñecidos goleadores estranxeiros da SuperLiga durante os anos 90, cariñosamente coñecido como Alex polos seareiros do equipo. Bunbury gañou o premio ao Xogador Estranxeiro do Ano en Portugal tras a tempada 1994-1995.

En 1999, Bunbury solicitou ser trasladado para estar próximo á súa casa de Montreal e foi vendido, uníndose á Major League Soccer atopando un oco no Kansas City Wizards, de Estados Unidos. Unha lesión de nocello forzou á súa retirada tras case dous anos no Kansas City, co que marcou catro goles en 24 partidos. Bunbury foi introducido no Salón da Fama do fútbol canadense en abril de 2006. arranxo a tradución

Carreira como adestrador[editar | editar a fonte]

Bunbury actualmente adestra ao Bangu FC de Minnesota (Estados Unidos).

Persoal[editar | editar a fonte]

Desde o seu retiro, Bunbury e os seus tres fillos mudáronse a Prior Lake, Minnesota, onde Bunbury comezou a súa carreira como adestrador. Tivo coa súa muller Kristi unha filla, Kylie, e tres fillos, Logan, Mateo e Teal. Teal xoga ao fútbol no equipo da Universidade de Akron.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano
Hamilton Steelers Flag of Canada.svg Canadá 1987-1990
Toronto Blizzard Flag of Canada.svg Canadá 1990
Supra Montréal Flag of Canada.svg Canadá 1991
West Ham United Inglaterra Inglaterra 1992-1993
CS Marítimo Portugal Portugal 1993-1999
Kansas City Wizards Estados Unidos de América Estados Unidos 1999-2000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]