Aleteo de tiburóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Axente da Garda Costeira (NOAA) revisando aletas de tiburón confiscadas.
Poxa de quenlla (Prionace glauca) no porto de Vigo.

Denomínase aleteo de tiburóns (do inglés shark finning) ou simplemente aleteo (finning) á práctica pesqueira que consiste en atrapar tiburóns, cortarlle as aletas e devolvelos mutilados e vivos ao mar, onde inevitabelmente morrerán por asfixia —ao non poderen nadar e conseguir a circulación de auga polas súas branquias—, desangrados ou devorados por outros peixes.[1]

Efectos sobre as especies[editar | editar a fonte]

Estudos da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e de organizacións conservacionistas independentes, estiman que cada ano se capturan entre 100 e 150 millóns de tiburóns. Os tiburóns son presa dos barcos pesqueiros pola crecente demanda de subprodutos (en particular as súas aletas), para o mercado asiático e os restaurantes asiáticos de todo o mundo. A súa demanda para a sopa de aleta de tiburón, de cartilaxe para produtos farmacéuticos —no só da medicina tradicional chinesa—, están provocando unha verdadeira catástrofe ecolóxica para este grupo de peixes. Por iso, o prezo das aletas das especies máis solicitadas pode alcanzar os 600 euros/kg.

Nas últimas décadas moitas especies de tiburóns pasaron a estar ao bordo da extinción debido á sobreexplotación pesqueira non sustentábel e, en particular, pola práctica do finning, que é ilegal en case todo o mundo (a Unión Europea, que xa a prohibira de forma xeral en 2003, recentemente prohibiu tamén as excepcións permitidas ás flotas pesqueiras españolas e portuguesas)".[2] [3]

As poboacións de tiburóns diminuíron nalgunhas especies nun 90 %.[1] Este declive é máis perigoso para a supervivencia destes peixes debido ás características ecolóxicas dos escualos que os fai moi vulnerábeis á súa captura en masa; trátase de animais que medran lentamente, a súa maduración sexual prodúcese ao cabo de bastantes anos e teñen pouca descendencia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleteo de tiburóns

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Regulamento (CE) n° 1185/2003 do Consello, de 26 de xuño de 2003, sobre o corte das aletas dos tiburóns nos buques (DOUE L 167, de 4.07.2003) [1]. Modificado por Rgto 605/2013, de 12 de xuño [2].

Outros artigos[editar | editar a fonte]