Alessio Baldovinetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virxe co neno e os santos, 1454

Alessio Baldovinetti (14271499) foi un pintor florentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Incluído no grupo de artistas naturalistas e realistas como Andrea del Castagno, Paolo Uccello e Domenico Veneziano. En 1462 traballou no gran fresco da Anunciación no claustro da Anunziata, Alessio imitou o detalle natural con fidelidade e inseriu ás figuras nunha paisaxe que lles dan sensación de volume.
En 1471 Alessio realizou importantes traballos para a igrexa de Santa Trinitá, primeiro pintou unha peza de altar da Virxe co neno acompañada de seis santos, logo unha serie de frescos baseados no Antigo Testamento que lle levou dezaseis anos rematar, en 1497 remata a serie, que contén moitos retratos de cidadáns florentinos influentes, pero só pequenos fragmentos se conservan hoxe.
Alessio redescubriu a arte do mosaico, e entre 1481 e 1483 reparou os mosaicos da igrexa de San Miniato.