Alesana Tuilagi
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Alesana "Alex" Tuilagi (nado p 24 de febreiro de 1981) é un xogador de rugby samoano. Actualmente xoga nos Leicester Tigers na máxima competición de clubs en Inglaterra, a Aviva Premiership. Tamén ten xogado en numerosas ocasións (21 caps) coa selección de Samoa. Antes da súa etapa en inglaterra xogou no Rugby Parma F.C. do Super 10 italiano.
A familia Tuilagi ten unha longa relación cos Leicester Tigers, de feito, os irmáns de Alesana Henry, Anitelia (Andy) e Fereti (Freddie) foron xogadores do equipo de Leicester, e os seus dous irmáns menores Vavae e Manu Tuilagi xogaron no partido amigable entre os Tigers e os Classic All-Blacks o 25 de maio do 2008.
Durante a súa etapa en Parma, onde xogou dúas tempadas entre o 2002 e o 2004, foi o segundo máximo anotador de ensaios da liga na tempada 2003–04 con 12 ensaios en total esa tempada, axudando ao seu equipo a chegar ás semifinais da liga italiana e da ParkerPen Shield. Debutou como internacional con Samoa no partido de clasificación para Copa do Mundo de Rugby 2003 xogado contra Fidxi en Xuño do 2002.
Foi convocado para xogar na xira europea dos Pacific Islanders no 2006.
Índice |
[editar] Equipos
- Rugby Parma F.C.: 2002-2004
- Leicester Tigers: 2004-
[editar] Palmarés
- 3 ligas inglesas: 2007, 2009 e 2010
