Alert, Nunavut
Coordenadas: 82°28′N 62°30′W / 82.467°N 62.5°W
Alert é o asentamento permanente máis setentrional da Terra, localizado no nordeste da Illa Ellesmere no Mar de Lincoln, Nunavut, Canadá. Segundo o censo de 2006 ten 5 habitantes permanentes[1]
Índice |
[editar] Características
Ademais de funcionarios e militares que residen só unha parte do ano. Posúe unha base militar canadense cunha estación meteorolóxica do Servizo de Meteoroloxía do Canadá. A estación ten unha estrada de 6 km de lonxitude até o aeroporto, e esta estrada, así como o aeroporto de Alert, tamén son a estrada e o aeroporto máis ao norte do mundo. O acceso ao sitio está moi regulado. A estación meteorolóxica tamén é lugar de investigacións do cambio climático e da contaminación no Ártico.
[editar] Clima
Alert ten un clima polar. Isto significa que é extremadamente frío e está cuberta de neve 11 meses ao ano. O mes máis quente, o mes de santiago, ten unha temperatura media de 3,3° C. O tipo de clima tamén significa que Alert é moi seco, cunha media anual de precipitacións de só 153,8 mm. A maioría das precipitacións son en forma de neve e prodúcense durante os meses de xullo, agosto e setembro. Alert ve moi pouca neve durante o resto do ano, non obstante son moi frecuentes as xeadas.[2]
[editar] Notas
- ↑ Véxase en: Statistics Canada.
- ↑ Canadian Climate Normals 1971-2000.