Aleksander Kwaśniewski
Aleksander Kwaśniewski, nado o 15 de novembro de 1954 en Białogard, foi o presidente de Polonia dende o 23 de decembro de 1995 ata o ano 2005 pertencendo á Alianza da Esquerda Democrática.
Foi activista do Sindicato Socialista de Estudantes Polacos, en polaco, Socjalistyczny Związek Studentów Polskich, SZSP, organización ligada ao réxime comunista, e logo ministro de deportes no goberno comunista na década dos 80.
Sucedeu a Lech Wałęsa como presidente tras gañar as eleccións en 1995 e foi reescolleito para un segundo e último mandato no 2000 (obtendo a maioría dos votos xa na primeira volta).
Tamén foi antigo dirixente e un dos fundadores do Partido Socialdemócrata da República de Polonia (Socjaldemokracja Rzeczypospolitej Polskiej), sucesor do Sindicato de Traballadores Polacos, e posteriormente da Alianza da Esquerda Democrática (Sojusz Lewicy Demokratycznej).
Tras a formación da coalición política Esquerda e Demócratas foi elixido como o seu presidente.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Predecesor: Lech Wałęsa |
Presidente de Polonia 22 de decembro de 1995 – 23 de decembro de 2005 |
Sucesor: Lech Kaczyński |