Aleks Syntek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleks Syntek
Aleks Syntek.jpg
Aleks Syntek en Managua, Nicaragua.
Nome completo Raúl Alejandro Escajadillo Peña
Alias Aleks Syntek
Naceu 29 de setembro de 1969 (44 anos)
Orixe Mérida, Iucatán Flag of Mexico.svg México
Xénero pop
Instrumento(s) Voz,
Guitarra,
Piano,
Acordeón,
Contrabaixo,
Baixo,
Batería,
Fagot,
Berimbau
Relacionado con Ana Torroja, Sasha Sökol,Lucero, Fey, Bon y los enemigos del silencio, Chetes, Belanova, Jesse & Joy.
Tempo en activo 1984 - Presente
Na rede
Páxina oficial

Raúl Alejandro Escajadillo Peña, de nome artístico Aleks Syntek, nado en Mérida (Iucatán) o 29 de setembro de 1969, é un músico, compositor e cantante mexicano, gañador de tres nominacións os premios Grammy, 3 Billboard Awards, 2 MTV Nominations e The Mexican Elton John “The King of Mexican Pop”.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse tocando a guitarra os 6 anos de idade. Os seus primeiros pasos profesionais no medio artístico deunos os 10 anos nun programa infatil de comedia moi popular nos oitenta chamado "Chiquilladas" onde compartía créditos con artistas como Lucero (coñecida nese anos como “Lucerito”, famosa cantante mexicana), Carlos Espejel (actor cómico mexicano) e Ginny Hoffman (actriz de teatro e cantante), entre outros. Esta curta (pois deixou o programa os 13 anos) pero importante participación axudouno moito a aprender a interactuar co publico, a fama e as cámaras de TV. Xa dende a súa curta idade, mostra importantes dotes musicais, compoñendo de maneira autodidacta co piano, incluíndo as letras das súas cancións, os 11 anos. Dous máis tarde merca un sintetizador e comeza a programar os seus primeiros sons electrónicos. É en 1984 cando se interesa de forma máis profesional na música, asumindo o pseudónimo Aleks Syntek, por "El Sinteclados", alias inventado polos seus amigos, os que lles pedía o teclado para poder compoñer as súas cancións. O "K" agregado nos seus nomes, é un tributo a Kraftwerk, agrupación de música electrónica da cal é fan.

Esta casado coa deseñadora mexicana Karen Coronado, que é irma da presentadora de televisión Ingrid Coronado, e teñen unha pequena filla chamada Natalia, a cal Aleks lle compuxo un tema co seu nome, o cal esta incluído na súa produción Lección de Vuelo.

En 1985, convertese en cantante e músico profesional. En 1989 compón os temas "Muévete a mi alrededor" e "Siénteme", cantados pola mexicana Sasha Sokol. En 1990 compón os temas "Sacúdete" e "Escapar de ti" para o grupo Timbiriche. Ese mesmo ano forma unha banda chamada Aleks Syntek y la Gente Normal, o carón de Michel Rojkind (batería) e León Chiprut (guitarra) cos que grava o seu primeiro álbum: Hey Tú!, lanzando o single "Unos quieren subir", contando coa presenza vocal de Sasha Sokol no tema "Te quiero así". De todas as maneiras, Aleks continuou alternando os seus traballos independentes e a banda.

O traballo musical de Aleks na banda sonora do documental Leyendas del México Antiguo chama a atención do lexendario teclista dos The Doors, Ray Manzarek, en consecuencia, o veterano músico colabora entusiasta co seu xoven compañeiro mexicano no tema "Nuestras costumbres", incluído en 1993 no segundo álbum do trío: Más fuerte de lo que pensaba. Coa axuda do vídeo El camino, promocionado fortemente en MTV Latinoamérica, este álbum convertese no de maior éxito comercial da banda, logrando disco de ouro polos seus máis de 250.000 copias vendidas ese ano. Outras cancións incluídas foron "Una pequeña parte de ti" e a exitosa "Mis impulsos sobre ti".

O seu terceiro álbum, Bienvenido a la vida, de 1995, é inspirado polo nacemento da súa sobriña, feito que tivo repercusión na súa sensibilidade artística. Un álbum de carga conceptual e introspectivo e de acordes máis cércanos o que sería o seu debut como solista, é o mesmo tempo o disco con menor éxito comercial para a banda, converténdose así nun disco para os verdadeiros fans. Sobresaen "La fe de antes", "Evolución" e "Bienvenido a la vida". É neste ano que León Chiprut abandona a agrupación para dedicarse entre outras cousas á fotografía, converténdose agora Aleks Syntek y La Gente Normal nun dúo.

Dous anos máis tarde, en 1997, ve a luz o seu cuarto álbum, chamado Lugar Secreto, o cal foi gravado nos Ánxeles, California, entre agosto e setembro de 1996. Un álbum de sons electroacústicos e fusión entre o pop e acordes fortes de guitarras, creando un son máis rockero, que se elaborou coa axuda de Sabo Romo (baixista da lexendaria banda de rock mexicano Caifanes). Sobresaen deste disco "Lindas criaturitas", "Volando bajo" e "Sin ti". Este é o último disco da banda, xa que Michel Rojkind decide dedicarse de cheo a súa profesión que é a arquitectura. É tamén o último disco que Aleks grava con EMI México, xa que despois é integrado na lista de músicos que gravan con Virgin, filial de EMI, o que garante un éxito comercial a nivel mundial (esta discográfica apoiou a grupos como os Sex Pistols, The Rolling Stones e The Chemical Brothers, entre outros).

Entre 1997 e 1998, Aleks reúnese con León Chiprut para colaborar nos discos Tributo a Queen e tributo a José José (este é o álbum de tributos máis exitosos que se gravou en México). Nestes discos tamén participan grandes expoñentes do rock latinoamericano como Fito Paez, Aterciopelados, Café Tacuba e Illya Kuryaki, por mencionar algúns.

Máis adiante é recrutado para por música a película mexicana de 1999 Sexo, pudor y lágrimas, converténdose o tema homónimo da película nun gran golpe comercial, logrando así que esta banda sonora fose dobre disco de platino polas máis de 500.000 copias vendidas. "Sexo, Pudor e Lágrimas" é a canción máis popular dese ano. Nese ano EMI-Virgin edita a nivel mundial a compilación 89-99, onde inclúe versións orixinais e remixes dos catro álbums xunto a "La gente normal", así como traballos como solista, sobresaíndo o single extraído desta produción "Tú necesitas", unha canción con sons funky-disco setenteros. O disco foi un éxito en latinoamérica, cambiándose unicamente a portada nos países onde anteriormente non era coñecido, como España (xa que na versión mexicana do disco aparece Aleks nun busto de pedra).

Entre abril e xuño do 2001 Aleks grava De noche en la ciudad, no seu propio estudio denominado Syntek Estudio na cidade de México, o cal foi posteriormente masterizado en Nova York. Este disco marca un novo inicio na carreira discográfica de Aleks, xa que regresa a súa condición de solista. Este álbum reflexa a un Syntek cun estilo pop ben definido. Deste disco sobresaen temas como "Por volverte a ver", "De noche en la ciudad" e "Bendito tu corazón". Este disco logra que Aleks entre nas primeiras posicións dos máis vendidos en outros países como Colombia, Venezuela e Porto Rico. Esto fai que en decembro dese ano se edite un disco de edición limitada incluíndo os vídeos dos singles.

En 2003, EMI Virgin decide editar Múltiple, un álbum compilatorio composto de algúns dos seus “jingles” máis coñecidos, versións inéditas e temas raros, que non foran publicados antes. O seu álbum de 2004, Mundo Lite contou coa presenza de Ana Torroja, Soraya e Benny Ibarra, soando moi forte "Duele el amor", a dúo con Ana Torroja, e "Te soñé". En 2005, invítano a facer o dobraxe en español na película de Pixar: Robots, onde dobra o protagonista. Ademais interpreta o tema principal desta película: "Un héroe real". En 2006 produciu o disco Me cuesta tanto olvidarte a Ana Torroja, o mesmo tempo que compoñía temas para a seguinte produción discográfica de Enrique Iglesias.

En 2007 escoitouse o primeiro single do seu novo álbum Lección de Vuelo, chamado "Intocable". O novo disco contén 11 temas, entre eles tres colaboraciones con Belanova, Jesse & Joy e Bon, dos cales un foi especialmente composto para a súa filla que acababa de nacer, "Natalia". Unha canción onde Syntek demóstranos o seu lado paternal con sentimentos que entenrecen o oído e moven cada fibra do corazón humano. No seu vídeo, Historias de danzón e de arrabal, conta coa participación dos actores mexicano Susana Zavaleta, Roberto Sosa, Julio Bracho, Liz Gallardo e Iran Castillo, así como a participación especial da cantante inglesa Joss Stone. En 2008, Aleks Syntek une a súa voz para unha versión dueto da canción "In My Arms" da australiana Kylie Minogue, onde Aleks adapta algunhas partes da canción. Este tema lanzase as radios o lunes 27 de abril e a canción será incluída na edición especial para latinoamérica do álbum X da cantante Kylie Minogue e tamén será incluído nunha recompilación de éxitos de Aleks.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]