Alejo Carrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alejo Carrera Muñoz»)
Infotaula de personaAlejo Carrera
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1893 Editar o valor em Wikidata
Vilasobroso, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1967 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Vilasobroso, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Lenda baixo o escudo: CASTILLO DE SOBROSO - SIGLO XI - PATRIMONIO DE DON ALEJO CARRERA MVÑOZ - SIGLO XX.

Alejo Carrera Muñoz, nado en Vilasobroso (Mondariz), o 17 de febreiro de 1893 e finado tamén en Vilasobroso o 18 de xullo de 1967, foi un xornalista galego, dono do castelo de Sobroso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi correspondente da prensa internacional en Lisboa, e posteriormente desenvolveu traballos consulares na cidade. Desde 1916 foi membro correspondente da Real Academia Galega.[1]

En 1923 mercoulle o castelo de Sobroso a Manuel Bárcena Andrés, conde de Torrecedeira, por cinco mil pesetas. Estaba nun estado ruinoso e iniciou a súa reconstrución. Foi o fundador e primeiro alcalde pedáneo da entidade local menor de Portela o 13 de setembro de 1924, e en 1926 logrou que se mudase o nome da parroquia polo de Vilasobroso. Integrouse no Partido Republicano Radical e converteuse no primeiro alcalde republicano de Mondariz en 1931. Foi destituído en maio dese ano, e en setembro fundou o xornal El Sobroso.

Nos derradeiros anos da súa vida colaboraba con artigos literarios como correspondente honorario do xornal Faro de Vigo. Proseguiu a reconstrución do castelo, sen axuda económica do Estado, mais quedou inconclusa tras o seu falecemento en 1967. No castelo organizaba actividades literarias e culturais. A súa filla herdou o castelo e posteriormente vendeullo ao concello de Ponteareas.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Adelaida Amaral Ferreira, e foi pai de Zita-Teresa Carrera Ferreira. Está soterrado xunto á entrada do castelo, no cemiterio de Vilasobroso, no seu mausoleo familiar.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Orde de Isabel a Católica
  • Orde de Santiago e a Espada


Predecesor:
'
 
Alcalde de Mondariz
 
1931
Sucesor:
Manuel Lamartín Vázquez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sección Oficial. Junta Ordinaria de 26 de Mayo de 1916". Boletín da Real Academia Galega 9 (107): 270. 1915. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2023. Consultado o 05 de marzo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]