Alejandro Porto Leis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlejandro Porto Leis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor em Wikidata
Serantes, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 1938 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Valdoviño, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alejandro Porto Leis, nado en Serantes (Serantes) en 1887 e finado na Frouxeira (Valdoviño) o 3 de febreiro de 1938, foi un electricista naval e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrante na mocidade a Cuba e aos Estados Unidos, volveu á súa vila a finais da década de 1920 para traballar como electricista en Bazán. Militante da ORGA, presentouse a alcalde por esta formación nas eleccións de 1931, e saíu elixido alcalde. Foi detido a principios de xaneiro de 1934 pola detención do cura párroco de Serantes Salustiano Rodríguez Celeiro.[1] Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, xulgado en Consello de guerra e condenado por posuír unha arma, tamén foi destituído como concelleiro de Serantes.[2] Saíu en liberdade en outubro de 1935 e foi amnistiado en 1936. Integrouse en Izquierda Republicana. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936 foi restituído como alcalde de Serantes o 21 de febreiro.[3]

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Porto Leis escapou ao monte, onde permaneceu agochado ata 1938 cando acudiu a un médico. O médico delatouno e prendérono canda outros tres homes cos que estaba agochado, os labregos Modesto del Río e Jesús Miño e o carpinteiro Avelino Landeira. Foron executados sen xuízo na praia. Aínda que en 2006 se anunciou[4] que se descubrira a foxa común onde estaban soterrados, a localización exacta do lugar de soterramento segue sendo descoñecido.[5] Desde 2011 existe un monólito conmemorativo dos catro homes executados en Serantes.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

Publicou en 1933 o poemario Intemperancias poéticas, con versos en castelán e galego.

Transcendencia[editar | editar a fonte]

A historia recolleuna no documental O segredo da Frouxeira o cineasta Xosé Abad.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 4-1-1934, p. 1.
  2. El Ideal Gallego, 15-9-1934, p. 1.
  3. El Correo Gallego, 23-2-1936, p. 1.
  4. Localizan la fosa del último alcalde de Serantes, páxina persoal, reproducindo un artigo de Diario de Ferrol do 24/8/2006
  5. "El alcalde fugitivo", El País, 4/12/2009 (en castelán).
  6. "Ferrol recordará el último alcalde de Serantes, fusilado en 1938". ABC (en castelán). 10de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 14 de abril de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Julián Maneiros Robles
 Alcalde de Serantes 
1931 - 1934
Sucesor:
Agustín Freire Varela


Predecesor:
?
 Alcalde de Serantes 
1936
Sucesor:
?