Alejandro Antúñez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alejandro Antúñez Vázquez
Nacemento1933
Lugar de nacementoNavia
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Antúñez Vázquez, nado en Navia (Asturias) en 1933, é un escritor asturiano en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertenceu ó grupo de teatro Don Antoni Loza, pregoeiro de numerosas festas da contorna. Escribiu a letra de Canto al río Navia, bilingüe en galego e asturiano.

En 1988 publicou un primeiro libro de poesía, Mochicas del meu llar. En 1996 deu ó prelo Papadíos de Navia, que recolle un feixe de relatos escritos ó longo dos anos noventa.

Nas súas obras, Antúñez escribe tal como se fala na súa vila, Navia, e na súa segunda obra segue a normativa editada polo Principado de Asturias en 1993.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.