Aleix Espargaró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAleix Espargaró

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Aleix Espargaró i Villà Editar o valor em Wikidata
30 de xullo de 1989 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Granollers, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteMotociclismo de velocidade Editar o valor em Wikidata
Número deportivo41 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2009-2010Pramac d'Antin (pt) Traducir
2011-2011Pons Racing (pt) Traducir
2012-2013Aspar Racing Team (pt) Traducir
2014-2014Forward Racing (en) Traducir
2015-2016Suzuki MotoGP (pt) Traducir
2017-2021Gresini Racing (pt) Traducir
2022-Aprilia Racing (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsPol Espargaró Editar o valor em Wikidata

Facebook: aleix.espargaro.41 Twitter: AleixEspargaro Instagram: aleixespargaro Editar o valor em Wikidata

Aleix Espargaró Villà, nado en Granollers, Barcelona, o 30 de xullo de 1989, é un piloto catalán de motociclismo. Actualmente participa en MotoGP. O seu maior logro foi proclamarse campión de España de 125 cc en 2004.

Ten un irmán, Pol Espargaró, que tamén é piloto de motociclismo, da categoría de Moto2.

Carreira Deportiva[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

En 1998 acabou terceiro no Campionato de Cataluña Iniciación de Enduro. Un ano despois, con dez anos, Espargaró proclamábase campión de Cataluña de Enduro na categoría de 60 cc. Esa tempada completábaa co terceiro posto no Campionato de Cataluña de Motocrós de 60 cc e o oitavo no Open RACC de 50 cc.

No 2000, os éxitos chegaban no Campionato Rieju Supermotard no que acaba terceiro no rexional catalán e no español desa competición. Unha tempada na que Aleix gañaba a Copa Rieju e acababa cuarto no Open RACC de 50 cc. Repetindo o cuarto posto do Open RACC no 2001, Espargaró gañaba a Copa Rieju Supermotard de Cataluña e España e quedaba segundo da de Andorra.

O seguinte paso natural de Aleix foi o catalán de velocidade de 125 cc, paso que fixo no 2002. Quinto ese ano, Espargaró proclamábase campión dese campionato a tempada seguinte. Un 2003 no que debutaba no campionato español de 125 cc, acabando décimo.

En 2004 conseguiu o seu primeiro gran título ao proclamarse campión de España de 125cc. Tamén conseguiu ser campión de Cataluña.

125cc[editar | editar a fonte]

Co título de campión español de 125cc abríronselle as portas do mundial en 2005 e asinou co equipo Seedorf Racing para pilotar unha Honda RS125 tendo como compañeiro a Álvaro Bautista. Non defraudou na súa primeira tempada mundialista e sumou 36 puntos que lle fixeron acabar en 16º posición o campionato.

250cc[editar | editar a fonte]

En 2006 asinou co equipo Fonda BQR e empezou o mundial de 125cc pero pronto o equipo ascendeulle e colocoulle na súa estrutura de 250cc puntuando no seu debut no GP de Holanda. Esa tempada sumou 19 puntos e acabou en 20ª posición.

En 2007 seguiu no mesmo equipo, agora denominado Blusens Aprilia polo que cambiou a Fonda para pilotar unha Aprilia RS250 non oficial que lle serviu para conseguir 47 puntos e acabar en 15ª posición o campionato.

Ao finalizar a tempada 2007 recibe unha oferta do equipo Lotus Aprilia, campión de 250cc en 2007, para fichar por eles tendo como compañeiro a Alex Debón polo que Espargaró non desaproveita a oportunidade e pasa a formar parte do equipo. En 2008, Aleix participa no campionato do mundo de 250cc. Logo do seu grandísima tempada, Aleix termina duodécimo na xeral. Durante toda a tempada múltiples fallos mecánicos impídenlle estar diante.

Tras a marcha de Dani Amatriaín, o equipo Lotus Aprilia (campión de 250cc en 2007) disólvese e quedan tanto Aleix como o seu compañeiro Debón sen equipo.

Na tempada 2009, Aleix non pode participar en 250cc posto que non ten equipo. A principio de tempada empeza a probar a Moto2, nova categoría e substituta de 250cc en 2010. O 7 de xuño, por primeira vez, aparecen as Moto2 no Campionato de España de Velocidade. Aleix lidera as primeiras voltas pero debido a problemas mecánicos e a unha caída ten que abandonar. Unha semana antes do Gran Premio de Assen (do campionato do mundo)recibe a noticia de que vai ser o substituto de Németh (do equipo Balantoring Team). Logo dunha magnífico fin de semana, Aleix acaba a carreira en cuarta posición, o seu mellor resultado en 250cc no campionato do mundo.

MotoGP[editar | editar a fonte]

A tempada 2009 debuta en MotoGP (GP de Indianápolis), como substituto de Kallio no equipo PRAMAC RACING (Ducati), xa que este substitúe a Casey Stoner no equipo oficial de Ducati. No seu debut suma tres puntos.

Na tempada 2010, Aleix Espargaró fixo unha boa tempada, acabando en 14ª posición no mundial. En 2011 decidiu volver á Moto2.

A finais de 2011 anunciouse a fichaxe polo Mapfre Aspar Team onde pilota unha das novas CRT, xunto ao francés Randy de Puniet na categoría de MotoGP en 2012.

Resumo por tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Moto Carreiras disputadas Vitorias Podios Poles Puntos Posición
2004 125cc Honda 1 0 0 0 0 NC
2005 125cc Honda 16 0 0 0 36 16º
2006 125cc Honda 6 0 0 0 0 NC
250cc Honda 9 0 0 0 20 19º
2007 250cc Aprilia 21 0 0 0 47 15º
2008 250cc Aprilia 16 0 0 0 92 12º
2009 250cc Aprilia 2 0 0 0 22 17º
MotoGP Ducati 4 0 0 0 16 18º
2010 MotoGP Ducati 18 0 0 0 65 14º
2011 Moto2 Pons Racing 17 0 1 0 76 12º
Total 106 0 1 0 374

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]