Audoíno de Lombardía
Audoíno é un rei longobardo do século VI.
Índice |
Traxectoria [editar]
Pertencente á estirpe dos gausos, á morte do soberano letingo Wacho e cando Valtari o seu fillo menor de idade subiu ao trono, Audoíno asumiu o papel de rexente (sobre 540). Cando, de alí a pouco, tamén morre Valtari, aínda novo (547), Audoíno non respectou os dereitos dos outros parentes do defunto soberano e proclamouse rei. Consumado o cal, porén, foi aceptado sen demasiadas desordes polo pobo longobardo, que neste período de pleno ascenso estaba situado na Pannonia.
Convértese en federado do Imperio Bizantino (c. 541), obtendo un fœdus do emperador Xustiniano quen lle outorga a Pannonia e a Norica así como subsidios. A partir de 551, debe enviar tropas a Italia ao servizo de Narsés contra os ostrogodos e en 552 non foron menos de 5 000 guerreiros longobardos os que participaron na derrota ostrogoda nas abas do Vesuvio. Morto sobre o 563, foi o pai do rei Alboíno.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milano 1992). I, 22.
- Origo gentis Langobardorum, ed. G. Waitz in Monumenta Germaniae Historica SS rer. Lang. § 5.
Outros artigos [editar]
| Reino longobardo | ||
|---|---|---|
Segue a: Valtari |
Audoíno de Lombardía | Precede a: Alboíno |