Aldol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura xeral dun residuo aldol: Cando R3 é -H, trátase dun β-hidroxi aldehido, e noutro caso é unha β-hidroxi cetona.

Un aldol ou aducto aldol (de "Aldehido alcohol") é unha beta-hidroxi cetona ou beta-hidroxi aldehido, os cales son o produto dunha adición aldol (que se opón a unha condensación aldol, que produce un residuo α,β-carbonilo insaturado).

Tipicamente, denomínase "aldol" ao 3-hidroxibutanal. Porén, pode referirse a calquera composto de similar base estrutural.

A reacción aldol foi descuberta en 1872 polo químico francés Charles-Adolphe Wurtz, aínda que parece que tamén a descubriu nese mesmo ano o químico e compositor ruso Alexander Borodin.[1]

Véxase tamén: Reacción aldol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. McMurry, John (2008). Organic Chemistry, 7th Ed.. Thomson Brooks/Cole. pp. 877–80. ISBN 978-0-495-11258-7.