Aldegea, Súdwest Fryslân

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Aldegea dentro do antigo concello de Wymbritseradiel

Aldegea é unha entidade de poboación do concello de Súdwest Fryslân, no sudoeste da provincia neerlandesa de Frisia, localízase nas marxes do lago de Aldegeaster Brekken, que atrae a afeccionados dos deportes naúticos. O lugar tiña 681 habitantes a 1 de xaneiro de 2009. Entre os seus monumentos salientan, a igrexa da vila, a Ankertsjerke que está restaurada e o Dorusmooltsje, un muíño de vento.

Dorusmooltsje