Alcmán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alcmán ou Alcmeón é o fundador da poesía lírica dórica no século VII ane. Natural de Lidia, escravo en Esparta, onde viviu coa familia dos Axesidas, que o emanciparon.

En 1855 descubriuse nun papiro exipcio un amplo fragmento de Parthenion, o único conservado dos seis libros que escribiu. Na antiga Grecia considerábase como o creador da poesía de amor.