Alcipreste de California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcipreste de California
Exemplar solitario preto de Monterey, California.
Exemplar solitario preto de Monterey, California.
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Xénero: Cupressus
Especie: C. macrocarpa
Nome binomial
Cupressus macrocarpa
Hartw. ex Gord.
Lonelycypress3.jpg

O alcipreste de California ou alcipreste de Monterey[1] (Cupressus macrocarpa), é unha especie arbórea da familia das Cupresáceas, orixinaria do suroeste dos EUA.

En Galiza é común en xardíns formais, coma nos pazos, coma ornamental.

Descrición[editar | editar a fonte]

É de copa ancha e abovedada, chegando a acadar os 30 m. Follas miúdas escamiformes, de cor verde escura, bastante grosas e de ápice obtuso non punzante. Casca vermella moi gretada. Estróbilos femininos e masculinos, os primeiros de 4 cm, arredondados e verdes que tornan a púrpura ao maduraren, e os segundos de 5 cm igualmente arredondados e amarelos.

Árbores Senlleiras de Galiza[editar | editar a fonte]

Dous exemplares de alciprestes de California aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, que demostra o cultivo como ornamental desta árbore dende hai varios decenios:

  • O alcipreste da Misericordia, en Viveiro (Lugo) é un alcipreste de California monumental.
  • O alcipreste do Pazo de Quintáns, en Meis (Pontevedra) é tamén un exemplar destacado de alcipreste de California.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Hartw. ex Gord. e publicado en Journal of the Horticultural Society of London 4: 296. 1849.[2]

Etimoloxía

Cupressus é o nome latino do alcipreste que de acordo con algúns autores provén de "Cyprus" (Chipre), de onde é nativo e medra bravo o alcipreste común.

macrocarpa, epíteto do latín macrocarpus-a-um que significa "de froito grande".

Sinonimia
  • Cupressus hartwegii Carrière
  • Cupressus lambertiana hort. ex Carrière
  • Cupressus macrocarpa var. lambertiana (Carrière) Mast.[3]
  • Cupressus macrocarpa var. goldcrest ou Cedro limón
  • Callitropsis macrocarpa (Hartw.) D.P.Little
  • Cupressus hartwegii Carrière
  • Cupressus reinwardtii Beissn.
  • Hesperocyparis macrocarpa (Hartw.) Bartel
  • Neocupressus macrocarpa (Hartw.) de Laub.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar preferido en galego en Termos Esenciais de Botánica do Servizo de Normalización da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002.
  2. "Alcipreste de California". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/9400259. Consultado o 30 de xaneiro de 2013. 
  3. Sinónimos en Catalogue of life
  4. Alcipreste de California en PlantList/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Abrams, L. 1923. Ferns to Birthworts. 1: 1–557. In L. Abrams Ill. Fl. Pacific States. Stanford University Press, Stanford.
  2. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
  3. Flora of North America Editorial Committee, e. 1993. Pteridophytes and Gymnosperms. 2: i–xvi, 1–475. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  4. Jepson, W. L. 1909. Fl. Calif. vol. 1. 578 pp. Cunningham, Curtiss & Welch, San Francisco.
  5. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181.
  6. Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guía Arb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.
  7. Lawesson, J. E., H. Adsersen & P. Bentley. 1987. An updated and annotated check list of the vascular plants of the Galapagos Islands. Rep. Bot. Inst. Univ. Aarhus 16: 1–74.
  8. Munz, P. A. & D. D. Keck. 1959. Cal. Fl. 1–1681. University of California Press, Berkeley.
  9. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alcipreste de California
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alcipreste de California