Albúlidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Albuliformes»)
Albúlidos
Rango fósil: Paleoceno - Actualidade

Albula vulpes

Pterothrissus gissu
Pterothrissus gissu

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Albuliformes
Greenwood, D. E. Rosen, S. H. Weitzman & G. S. Myers, 1966
Familia: Albulidae
Bleeker, 1859
Xénero

Albula
Pterothrissus

Os albúlidos (Albulidae), ou peixes óso, son unha familia de peixes teleósteos, única familia da orde Albuliformes, da superorde dos Elopomorfos (Elopomorpha). Comprende peixes de mares tropicais, raramente en augas salobres ou de río.

Características[editar | editar a fonte]

Presentan un canal sensorial no maxilar nunha rañura aberta nos ósos dentais. Poden tolerar situacións de pobreza de osíxeno respirando aire dentro dunha bolsa que fai as veces de pulmón.

Aliméntanse de invertebrados bentónicos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A orde dos Albuliformes (para algúns autores, suborde Albuloidei) comprende unha única familia con dous xéneros:

  • Orde Albuliformes:
    • Familia Albulidae
      • Subfamilia Albulinae
        • Xénero Albula (Scopoli, 1777)
      • Subfamilia Pterothrissinae
        • Xénero Pterothrissus (Hilgendorf, 1877)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]