Albrecht Altdorfer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albrecht Altdorfer
Nacemento1480
Lugar de nacementoRatisbona e Altdorf bei Nürnberg
Falecemento12 de febreiro de 1538 e 1538
Lugar de falecementoRatisbona
NacionalidadeAlemaña
Relixiónluteranismo
Ocupaciónpintor, arquitecto, iluminador, gravador, gravador de cobre e construtor
IrmánsErhard Altdorfer
Coñecido porA Batalha de Alexandre em Isso, Susana e os anciãos, Nativity of the Virgin e Legend of Saint Florian
Na rede
Discogs: 2234295 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
A batalla de Alexandre, 1529

Albrecht Altdorfer, nado en Ratisbona c. 1480 e finado na mesma cidade en 1538, foi un pintor alemán, líder da escola do Danubio no sur de Alemaña, contemporáneo de Albrecht Dürer. Foi pintor de temas relixiosos e mitolóxicos, famoso tamén por pintar paisaxes pola súa fermosura e non como ilustración de ningunha historia ou parábola, quizais o primeiro pintor europeo en colocar a paisaxe como motivo autónomo, como centro do seu traballo.

As paisaxes de Altdorfer adoitan ser verticais,[1] como A batalla de Alexandre en Issos (1529, Múnic). Esta extraordinaria pintura mostra unha vista no sur do Mediterráneo, cunha masa de figuras nunha grande batalla en primeiro plano. Os combatentes están en Issos, na Turquía moderna, pero a vista se esténdese alén de Chipre até a costa de Exipto, península do Sinaí e o Mar Vermello.[2] Orixinalmente formaba parte dun conxunto de pinturas históricas con mesmo formato.

A batalla de Alexandre en Issos está considerada como a súa obra mestra; co pretexto de representar a vitoria de Alexandre sobre Darío ilustra unha visión do mundo radicalmente nova, un novo tipoloxía pictórica chamada Paisaxe do mundo.

As pinturas de Altdorfer fanse eco dos descubrimentos de Nicolao Copérnico, presentado pola primeira volta un mundo no que o Sol ocupa o lugar da Terra como centro do Universo.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wood, 49
  2. Wood, 22–23, 201–202, 266–267; Snyder, 362–363; Harbison,

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]