Albireo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albireo A e Albireo B

Albireo, tamén coñecida como Beta Cygni (β Cyg), é unha estrela binaria da Constelación do Cisne. Albireo é unha estrela de terceira magnitude, popularmente coñecida como Peteiro da galiña.

O nome da estrela aparece por primeira vez nun texto árabe como al Minhar al Dajajah, os tradutores latinos non comprenderon o significado e convertérono en ab ireo, máis tarde considerouse unha errata e formaron a forma al bireo.

Vista con telescopio, obsérvase que é unha estrela dobre:

  • Albireo A é a estrela máis brillante (de magnitude aparente 3,1), é un xigante de temperatura inferior ao Sol, de cor amarelo
  • Albireo B (magnitude aparente 5,1), estrela con temperatura superficial maior cá do Sol, de cor azul.

As dúas están separadas por 34 segundos de arco, debido á súa diferenza de cor son claramente identificables. Están localizadas a 385 anos luz de distancia da Terra, e ao primeiro pensouse que era un efecto óptico.

Posición de Albireo
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albireo