Alberto de Palacio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte Colgante sobre o Nervión.
Paz Martin Alberto de Palacio y Elissague foi un enxeñeiro e arquitecto español nado en Sare, en vasco Sara (Pyrénées-Atlantiques, Francia), o 25 de xaneiro de 1856, de pai biscaíno e de mai saratarra (nome dos habitantes de Sara). Faleceu en 1939.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
[editar] Vida
Pasou a súa infancia en Sara, logo os seus pais instaláronse en Gordexola, perto de Bilbao, onde fixo os estudos secundarios no colexio de "San Zoilo y San Felix".
En 1882 acabou os estudos na Escola de Arquitectura de Barcelona. Logo marchou para París, para se perfeccionar, trabando trato con Ferdinand Arnodin (1845-1924), especialista en pontes sostidas por cables.
[editar] Obra
- 1883: Palacio de Velázquez, no Parque do Bo Retiro, Madrid con Ricardo Velázquez Bosco e o ceramista Daniel Zuloaga.
- 1884-1891: Sede central do Banco de España, Madrid (en colaboración).
- 1887: Colabora no Pazo de Cristal, inspirado no Crystal Palace de Londres, no Parque do Bo Retiro, Madrid, de novo con Ricardo Velázquez Bosco e o ceramista Daniel Zuloaga.
- 1888-1892: Estación de Atocha, Madrid, en colaboración con o enxeñeiro Saint-James.
- 1893: Traza a ponte-transbordador de Portugalete (ou Ponte de Biscaia) perto de Bilbao. Esta ponte foi inscrita en 2006 na lista do patrimonio mundial da UNESCO.
- 1916: Fábrica Osram, Paseo de Santa María de la Cabeza, Madrid.