Alberto Rodríguez Raposo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Rodríguez Raposo
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alberto Rodríguez Raposo, nado en Lugo en 1965, é un enxeñeiro e político galego do Partido Popular.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo a enxeñería en Telecomunicacións, que completou con estudos de Económicas. Con 27 anos aproba unhas oposicións e accede ao corpo de funcionarios do estado en 1992. Desempeñou distintos traballos ata que recalou na Secretaría de estado de Telecomunicacións durante o primeiro goberno de José María Aznar.

En 2000 foi nomeado director xeral da entidade pública Red.es, que durante comezos do século XXI se encargou do desenvolvemento e fomento da sociedade da información en España. Coa derrota electoral do PP nas Eleccións xerais de 2004, abandonou ese posto e reincorporouse como funcionario ao ministerio de Economía. En 2012, uns días despois do nomeamento de José Manuel Soria como ministro de Industria, Turismo e Comercio, é designado director xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información.