Alberto G. Aneiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto G. Aneiros
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Alberto Gómez Aneiros, nado en Ferrol en 1959, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (Secc. Psicoloxía), vive en Santiago de Compostela, onde traballa na Biblioteca Xeral da USC.[1] Entre outros galardóns literarios, resultou premiado no Certame Literario Ramón del Valle-Inclán (2008); obtivo accésits no Premio Modesto R. Figueiredo nas edicións dos anos 2007, 2008, 2009 e 2012; gañou o XII Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2010), o I Concurso de Microrrelatos da Universidade de Santiago de Compostela (2013), o XIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos (2014), I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (1º accésit) (2018).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Propios extraños, 2006, Laverde (libro de relatos en castelán).
  • Relatos desvelados, 2006, Lea.
  • Ironías dos fados, 2008, Lea.
  • "Para que o conto conte: Manifesto a prol da narrativa breve", 2011, Grial n.º 190, pp. 128-131.
  • A última viaxe, e outros relatos, 2012, Baía Edicións.[2]
  • O tesouro do Dourado, 2014, Editorial Toxosoutos.[3]
  • Ninguén e compaña: relatos abreviados, 2023, Editorial Toxosoutos.[4]
  • Enredados, 2023, Edicións Embora

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Persoal - Biblioteca Xeral - USC". www.usc.gal. Consultado o 2023-03-19. 
  2. A última viaxe na páxina web da editorial.
  3. O tesouro do Dourado na páxina web da editorial.
  4. Ninguén é compaña na páxina web da editorial.