Alberto Bayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Bayo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alberto Bayo Giroud Editar o valor em Wikidata
27 de marzo de 1892 Editar o valor em Wikidata
Camagüey (España) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
A Habana (Cuba) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Cuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , militar , político , aviador , poeta , cabaleiro lexionario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1916 Editar o valor em Wikidata - 4 de agosto de 1967 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeEspaña, Segunda República Española e Cuba Editar o valor em Wikidata
Rama militarAeronáutica Militar Española (en) Traducir, Lexión Española, Exército Popular da República e Exército Cubano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente coronel
Xeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española, Guerra do Rif e Revolución cubana Editar o valor em Wikidata

Alberto Bayo Giroud, nado en Camagüey (Cuba) o 27 de marzo de 1892 e finado na Habana o 4 de agosto de 1971, foi un militar e aviador español que participou na Guerra Civil española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Cuba, a súa familia marchou ás Canarias en 1898 ao estalar a Guerra Hispano-Cubana, na súa mocidade ingresou na Aviación Militar Española, piloto dende 1916. Expulsado da Aviación por un duelo, pasou forzoso en 1924 á Lexión Española, participou na Guerra de Marrocos durante dous anos ao mando dunha compañía. Ferido de gravidade na ingua en 1925, pasou un ano recuperándose. En 1926 solicitou volver a África, asignado ao 3º tabor da Mehal-a de Gomara, que formaba parte das tropas de Osvaldo Capaz, participou en fortes combates ata 1927.

Volveu ás forzas aéreas na II República Española, mais destinado en postos burocráticos non ascendeu. Durante esta época afiliouse á Unión Militar Republicana Antifascista. Ao producirse o golpe de estado que deu inicio á Guerra Civil Española tiña o grao de capitán de aviación e infantaría, con destino no aeródromo militar de El Prat de Llobregat (Barcelona). Permaneceu leal á República e foi o encargado de dirixir a campaña de recuperación de Mallorca [1], o 16 de agosto de 1936 desembarcou na illa á fronte de 6.000 homes pero os republicanos tiveron que repregarse e abandonar a súa cabeza de ponte o 4 de setembro. Xulgado pola derrota o tribunal militar absolveuno, uniuse entón á columna de López-Tienda que sae de Barcelona o 9 ou 10 de setembro de 1936 cara ao Teixo.

Designado 2º xefe do Estado Maior do Vº Corpo do Exército para a Batalla de Brunete, o xefe dese Corpo, Juan Modesto opúxose, polo que Bayo foi relevado. Ascendido sucesivamente a comandante e a tenente coronel, foi o encargado de preparar unha columna guerrilleira, pero finalmente desbotouse o proxecto e pasou a maior parte da contenda no Ministerio da Guerra como agregado militar.

Exilio[editar | editar a fonte]

Tras finalizar o conflito en 1939 marchou a Francia, exiliouse en Cuba e desde 1941 en México e foi profesor da escola de aviación de Guadalaxara. Instrutor militar de movementos revolucionarios en Nicaragua e Costa Rica. En México coñece a Fidel Castro en 1955, converténdose no principal instrutor militar dos guerrilleiros cubanos do Movemento do 26 de xullo, encabezados por Fidel Castro. En 1958 foi nomeado xeneral polo goberno republicano no exilio, e tras o triunfo da Revolución Cubana trasladouse a Cuba en xaneiro de 1959, onde morreu oito anos despois, na Habana, aos 75 anos de idade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Muntaner, Josep Massot i (1987). El desembarcament de Bayo a Mallorca: agost-setembre de 1936 (en catalán). L'Abadia de Montserrat. ISBN 978-84-7202-835-7. 
  2. "Bayo" (PDF). latinamericanstudies.org. Consultado o 12-3-2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]