Alberto Núñez Feijóo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alberte Núñez Feijoo")
Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo

Actualmente no cargo
Dende o 16 de abril de 2009
Precedido por Emilio Pérez Touriño

Escudo de Galicia.svg
6.º Vicepresidente da Xunta de Galicia
10 de setembro de 2004 – 2 de agosto de 2005
Sucedido por Anxo Quintana

Datos persoais
Nacemento 10 de setembro de 1961 (50 anos)
Os Peares, A Peroxa, Galicia
Partido Partido Popular de Galicia
Profesión avogado, político

Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego e presidente do Partido Popular de Galicia. Nas eleccións autonómicas de 2009 o seu partido foi o máis votado, obtendo a maioría absoluta, e polo tanto o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta de Galicia. Tomou posesión o 18 de abril dese mesmo ano.

Índice

[editar] Traxectoria

[editar] Formación

Naceu en Ourense, pero criouse nos Peares. Alberte Núñez Feijóo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

[editar] Cargos en empresas

Formou parte de diversos consellos de administración: Banco de Crédito Local, Empresa Nacional de Autopistas, Paradores de Turismo de España, Instituto Galego de Medicina Técnica, International Post Corporation, Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e Chronopost Express. Tamén foi membro do Consello Asesor de Telecomunicacións e do Consello Asesor Postal.

[editar] Política

A súa entrada na alta política veu da man de José Manuel Romay Beccaría, quen, sendo conselleiro de Sanidade, o designou secretario xeral da consellería e secretario xeral do Sergas. Cando en 1996 Romay Beccaría foi nomeado ministro de Sanidade no primeiro goberno de José María Aznar, Núñez Feijóo pasou a ser presidente executivo do Insalud en 1996. De aí chegou a ser director xeral de Correos y Telégrafos, a empresa pública española de envíos postais.

En xaneiro de 2003 foi designado por Manuel Fraga como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e en setembro de 2004 vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, converténdose no primeiro vicepresidente que nomeaba Fraga mentres ocupou a cadeira de San Caetano. Colocábase así de primeiro nos postos de sucesión o xa daquela octoxenario Manuel Fraga.

Ao perder o Partido Popular a maioría absoluta nas eleccións do 19 de xuño de 2005, abriuse un período de rifas internas no PPdeG para acadar a presidencia do partido. Nesas eleccións, Núñez Feijóo encabezou a lista electoral por Pontevedra, e obviamente, converténdose en deputado. Dos catro candidatos, Xosé Cuíña Crespo, Xosé Manuel Barreiro e Henrique López Veiga, e Alberte Núñez Feijóo, foi este último quen conseguiu vencer nos comicios internos e a partir daquela ocupou o cargo de líder da oposición, presidente do Partido Popular de Galicia e voceiro parlamentario dos populares.

Por outra banda, é vogal electo do Comité Executivo Nacional do Partido Popular español.

[editar] Presidente de Galiza

Núñez Feijóo foi nomeado Presidente da Xunta de Galicia polo Parlamento de Galicia o 16 de abril de 2009, tomando posesión dous días despois.

Ao día seguinte ás eleccións ao Parlamento de Galicia, Feijóo deu a coñecer as súas prioridades: baixar impostos como o IRPF, eliminación de dúas Consellarías, a derrogación do decreto do galego no ensino e rematar coas galescolas[1]. Prometeu, ademais, que os pais ían ter liberdade de escolla da lingua vehicular no ensino dos seus fillos, máis tamén afirmou que non ía segregar por lingua e que non ía, polo tanto, duplicar o sistema educativo[2]. Ás súas declaracións reaccionaron con prontitude a Mesa pola Normalización Lingüística[3] e o STEG[4].

Estes anuncios motivaron asemade que a Real Academia Galega elaborase un comunicado moi crítico coa dirección que tomara o Goberno de Feijóo, acusándoo de "desprotexer a lingua"[5].

Xa en xuño, a Xunta anunciou[6] que se ía facer unha enquisa lingüística aos pais con fillos en idade escolar. Non houbo que agardar moito para ver as diferentes reaccións. En contra dela, posicionáronse galeguistas históricos como Avelino Pousa Antelo, quen cualificou a enquisa como unha "aberración pedagóxica e unha pallasada"[7]. O Bloque Nacionalista Galego anunciou que a denunciará ante a UNESCO[8].


Predecesor:
Xosé Cuíña
Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas

2003 - 2005
Sucesor:
María Xosé Caride
Predecesor:
non existía o cargo
Escudo de Galicia.svg
Vicepresidente da Xunta de Galicia

2004 - 2005
Sucesor:
Anxo Quintana
Predecesor:
Manuel Fraga
Presidente do PP de Galicia
2006 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
Emilio Pérez Touriño
Escudo de Galicia.svg
Presidente da Xunta de Galicia

18 de abril de 2009 - actualidade
Sucesor:
no cargo

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas