Albert Riera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albert Riera
Riera.JPG
Riera xogando co Galatasaray
Información persoal
Nome completo Albert Riera Ortega
Nacemento 15 de abril de 1982 (32 anos)
Lugar Manacor, España
Altura 1,88 m.
Posición Interior esquerdo
Información de club
Club actual Galatasaray
Número 11
Carreira xuvenil
1999–2000 Mallorca
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2002 Mallorca B
2001–2003 Mallorca 46 (6)
2003–2005 Bordeaux 53 (4)
2005–2008 Espanyol 72 (8)
2006 Manchester City (cedido) 15 (1)
2008–2010 Liverpool 40 (3)
2010–2011 Olympiakos 24 (6)
2011– Galatasaray 23 (1)
Selección nacional
2000–2001 España sub-18 11 (0)
2002–2003 España sub-21 15 (2)
2007–2009 España 16 (4)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 30 de xaneiro de 2012.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 28 de decembro de 2009.

Albert Riera Ortega, nado en Manacor o 15 de abril de 1982, é un futbolista español. Xoga de interior esquerdo e o seu equipo é o Galatasaray S.K. da Superliga de Turquía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no RCD Mallorca, onde xogou ata o ano 2003. No verán dese mesmo ano, Riera fichou polo Girondins de Bordeaux, onde foi titular nas dúas primeiras tempadas. Xogou máis de 50 partidos para o equipo francés, e anotou 4 goles.

Riera volveu a España no ano 2005, cando fichou polo RCD Espanyol.[1] Na súa primeira tempada xogou só oito partidos, antes de ser cedido ao Manchester City en xaneiro de 2006,[2], onde tampouco foi capaz de asentarse no once titular. Volveu ao Espanyol ao remate da tempada 2006-07.

O 1 de setembro de 2008, fichou polo Liverpool FC a cambio de 8 millóns de libras, e asinou co club inglés un contrato de catro anos. Ata a súa marcha no ano 2010, xogou 40 partidos e anotou 3 goles. Foise o 23 de xullo ao Olympiakos FC, fichando por catro anos co club grego.[3]

O 3 de setembro de 2011, Riera fichou polo Galatasaray S.K. da Superliga de Turquía a cambio de 3 millóns de euros, asinando un contrato por 4 anos.[4][5]

Selección de España[editar | editar a fonte]

Riera fixo o seu debut coa selección española o 13 de outubro de 2007, nun partido correspondente á clasificación para a Eurocopa de 2008 contra Dinamarca. Saíu dende o banco e anotou un gol na vitoria de España por 3-1. Porén, non foi seleccionado para disputar a Eurocopa, onde a súa selección gañou o campionato.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa do Rei RCD Mallorca España 2003
Copa do Rei RCD Espanyol España 2006
Superliga de Grecia Olympiakos FC Grecia 2011

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albert Riera