Albúlidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albula vulpes

Os albúlidos (Albulidae), ou peixes óso, son unha familia de peixes teleósteos, única familia da orde Albuliformes, da superorde dos Elopomorfos (Elopomorpha). Comprende peixes de mares tropicais, raramente en augas salobres ou de río.

Características[editar | editar a fonte]

Presentan un canal sensorial no maxilar nunha ranura aberta nos ósos dentais. Poden tolerar situacións de pobreza de osígeno respirando aire dentro dunha bolsa que fai as veces de pulmón.

Aliméntanse de invertebrados bentónicos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A orde dos Albuliformes (para algúns autores, suborde Albuloidei) comprende unha única familia con dous xéneros:

  • Orde Albuliformes:
    • Familia Albulidae
      • Subfamilia Albulinae
        • Xénero Albula (Scopoli, 1777)
      • Subfamilia Pterothrissinae
        • Xénero Pterothrissus (Hilgendorf, 1877)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Albúlidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Albúlidos