Alassane Ouattara
| Alassane Ouattara | |||
|---|---|---|---|
![]() |
|||
|
|
|||
| Primeiro Ministro da Costa do Marfil | |||
| Período: | 7 de novembro de 1990 - 11 de decembro de 1993 | ||
| Antecesor: | Laurent Gbagbo | ||
| Sucesor: | |||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Presidente da Costa do Marfil | |||
| Período: | en disputa | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 1 de xaneiro de 1942 | ||
| Lugar: | Dimbokro, Costa do Marfil | ||
| Falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
| Lugar: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
| Organización: | Rassemblement des Républicains - RDR | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | |||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | político, administrador público | ||
| Relixión: | {{{relixón}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Alassane Dramane Ouattara, nado o 1 de xaneiro de 1942 en Dimbokro, é un político de Costa do Marfil, actualmente o presidente do seu país.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Formación
Ouattara naceu na daquela África Occidental Francesa, fillo de nai marfilesa e de pai burkinabe, o que máis adiante lle impediría por dúas veces presentarse ás eleccións presidenciais. Logo de facer o ensino básico no seu país, marchou estudar aos Estados Unidos, onde se diplomou en Ciencias pola que agora é a Universidade Drexel en Philadelphia. En 1967 rematou un curso de mestrado na Universidade de Pennsylvania e en 1972 doutorouse en Económicas na mesma universidade[1].
Ao rematar o seu mestrado, en 1968, comezou a traballar como economista do Fondo Monetario Internacional na súa sede de Washington, ata que en 1973 pasou a dirixir a delegación do BCEAO en París. Dentro desta entidade bancaria foi progresando ata converterse en vicegobernador em 1983. En 1984 regresa ao FMI, para dirixir a súa división para África e en 1987 accedeu ademais ao Consello de Administración do Fondo. En 1988 volve ao BCEAO para desempeñar o posto de gobernador central do banco[2].
[editar] Carreira política
En abril de 1990 o presidente marfilés Félix Houphouët-Boigny nomeouno secretario xeral do Comité Interministerial para a Coordinación da Estabilización e do Programa de Recuperación Económica de Costa do Marfil, aínda que mantiña o posto de gobernador do BCEAO. Meses máis tarde, o 7 de novembro de 1990 foi designado por Houphouët-Boigny primeiro ministro, nun posto de nova creación. polo que foi substituído á fronte do banco central por Charles Konan Banny . O presidente, xa enfermo, delegou en numerosas ocasións os poderes presidenciais nel, ata un total de 18 meses, dos cales os últimos nove de 1993 foron de forma ininterrompida. O 7 de decembro de 1993 o propio Ouattara fixo o anuncio da morte de Houphouët-Boigny[3]. Ouattara desputoulle ao presidente da Asemblea Nacional, Henri Konan Bédié, o cargo de presidente interino, pero Bédié foi máis hábil e Ouattara dimitiu como primeiro ministro e sete meses despois regresaba ao FMI.
En preparación das eleccións presidenciais, a Asemblea Nacional aprobou unha lei que lles prohibía optaren a presidir a república a aqueles que tiveran algún pai non marfilés ou que vivisen algo dos cinco anos anteriores fóra do país, o que deixaba a Ouattara sen posibilidades. Con todo o Reagrupamento dos Republicanos (RdR), un partido que se formara como unha escisión do Partido Democrático de Costa de Marfil ese mesmo ano, pediulle a Ouattara que fose o seu candidato [4]. Como o goberno non modificou a lei que lle impedía concorrer ás eleccións, Ouattara dimitiu como candidato, e o RdR boicoteou as presidenciais, algo que tamén fixo a Fronte Popular Marfilesa de Laurent Gbagbo, co que Henri Konan Bédié obtivo unha cómoda vitoria.
Aínda dende o seu cargo no FMI, en 1998 Ouattara comezou a súa campaña para as eleccións presidenciais de 2000. Primeiro conseguiu que o RdR o nomease o seu presidente en 1999 e candidato presidencial ao rematar o seu período no FMI. Ao mesmo tempo, Ouattara presntou uns papeis que sinalaban que os seus dous pais foran marfileses. Porén, Bédié cualificou os documentos de falsos, e abriu unha investigación policial.[5][6] Finalmente os xulgados anularon o certificado de nacemento presentado por Ouattara e libraron unha orde de arresto contra el, que nese momento se atopaba fóra do país.[7].
Mais só unhas semanas despois, na Noiteboa de 1999, un golpe de estado liderado por Robert Guéi depón a Bédié. Outtara declara que aquilo non fora un golpe de estado, senón unha revolución popular das xentes marfilesas[8], e volta ao país. Pero a nova Constitución que se aproba en 2000 incorpora a prohibición de seren candidatos presidenciais aqueles que non naceran de pai e nai marfilesa, co que Ouattara ve de novo interrompida a súa carreira política. Mais en 2002 estoura a guerra civil e o país entra nun estado de colapso económico e político que se prolonga ata o final da década.
Ouattara está entre os asinantes do acordo de Linas-Marcoussis que pon remate á guerra civil, en 2003, e dende ese momento empeza a preparar as presidenciais. En 2007 o presidente Gbagbo declara que Ouattara podería presentarse aos comicios[9] e o RdR reelíxeo como presidente e como candidato presidencial. Ouattara inicia movementos de aproximación ás Forzas Novas de Costa do Marfil, o partido do bando rebelde na guerra civil, así como ao antigo presidente Bédié, co que chega a un acordo de apoio mutuo de cara á segunda rolda das presidenciais.
[editar] Eleccións de 2010
Finalmente, en 2010 ten lugar o proceso electoral, e pasan á segunda volta Gbagbo e Alassane Ouattara. O 28 de novembro Ouattara imponse nas urnas cun 54.1% dos votos, pero os resultados non son publicados ata catro días despois[10]. Gbagbo acusa a Ouattara de fraude, mais os observadores internacionais négano. O Tribunal Constitucional decide entón anular os votos de diversos colexios do norte do país onde vencera Ouattara, sinalando que non foran limpos, e sen eses colexios o vencedor era Gbagbo con apenas o 51%[11]. Gbagbo entón decide pechar as fronteiras, declara ilegal a prensa estranxeira e resístese a deixar o poder. Os gobernos internacionais, incluídas a Unión Africana e a CEDEAO, recoñecen a vitoria de Ouattara e solicítanlle a Gbagbo unha transición pacífica. Con todo, os enfrontamentos en diversos puntos do país reábrense de novo o 4 de decembro de 2010, coa ameaza dunha nova guerra civil.
Ouattara tamén se proclama presidente e comeza o seu avance dende as posicións do norte cara a Abixán, a principal cidade do país, onde se refuxia Gbagbo. A finais de marzo as tropas de Ouattara cercan a cidade[12].
| Predecesor: non houbo |
Primeiro ministro de Costa do Marfil 1990 - 1993 |
Sucesor: Daniel Kablan Duncan |
| Predecesor: Laurent Gbagbo en disputa |
Presidente de Costa do Marfil 2010 - |
Sucesor: no cargo |
[editar] Notas
- ↑ Ficha de Alassane Ouattara na web do FMI (via Archive.org).
- ↑ "Basic texts and milestones", Web do BCEAO.
- ↑ "Décès du Président Félix Houphouët-Boigny", ado.ci.
- ↑ MUNDT, R. J., "Côte d'Ivoire: Continuity and Change in a Semi-Democracy", Political Reform in Francophone Africa (1997), ed. Clark and Gardinier.
- ↑ "Côte d'Ivoire: Police arrest scores outside politician's home", IRIN, 15/9/1999.
- ↑ "Ivory Coast opposition leader under investigation", BBC News Online, 22/9/1999.
- ↑ "Opposition leader blasts 'undemocratic' government", BBC News Online, 29/10/1999
- ↑ "Ivory Coast coup a 'popular revolution'", BBC News Online, December 29, 1999.
- ↑ "La présidentielle envisagée par Gbagbo pour fin 2007", L'Humanité, 8/8/2007.
- ↑ Ivory Coast election: Alassane Ouattara 'beats Gbagbo', BBC News, 2/12/2010
- ↑ Ivory Coast poll overturned: Gbagbo declared winner, BBC News, 3/12/2010.
- ↑ Abidjan resident tells euronews of city under siege, Euronews, 4/5/2010.
