Alasdair Fraser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlasdair Fraser

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Clackmannan, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín e fiddle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoNarada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webalasdairfraser.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0292062 Musicbrainz: 694949f8-b0d8-4e13-a54d-a921a780443d Songkick: 40421 Discogs: 559443 Editar o valor em Wikidata

Alasdair Fraser, nado o 14 de maio de 1955 en Clackmannan (Escocia), é un violinista tradicional escocés. É o líder de The Skyedance Bance, que crearon a música para a película Braveheart.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alasdair Fraser naceu nunha familia de músicos comezou a tocar o violín aos oito anos. En 1973 gañou o concurso de violino do National Mod. Licenciouse en Física pola Universidade de Edimburgo e traballou para a British Petroleum Corporation. En 1981 foise aos Estados Unidos e catro anos máis tarde decide dedicarse á música. En 1983 fundou en California unha escola para aprender violino chamada Val da Lúa e na Illa de Skye mantén un seminario desde 1987, o "Sabhal Mor Ostaig Gaelic College". Gañou en dúas ocasións o Scottish National Fiddle Championship e dirixe a Orquestra de violinistas escoceses de San Francisco. É o propietario de Culburnie Records, compañía que produce os seus discos.

Alasdair Fraser é recoñecido internacionalmente como principal intéprete e profesor de violino tradicional escocés. Ten traballado con The Waterboys e The Chieftains e colaborado en máis de 50 discos como artista convidado, incluíndo composicións e interpretacións súas en recoilatorios de música celta e New Age. A súa música aparece nas bandas sonoras de películas como Titanic, O derradeiro mohicano e Wyatt Earp.

Nos últimos anos está a tentar reconstruír e revivificar a tradición escocesa do violino acompañado do cello.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Dawn Dance
  • The Driven Bow
  • Fire and Grace (álbum a dúo de violino e cello)
  • Legacy of the Scottish Fiddle, Vol 1
  • Legacy of the Scottish Fiddle, Vol 2
  • Portrait of a Scottish Fiddler
  • Return to Kintail
  • The Road North

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]