Alan Boguslavsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alan Boguslavsky

Nome completo Alan Boguslavsky
Alias
Naceu 18 de maio de 1965
Os Ánxeles, California California state flag.png
Estados Unidos Flag of the United States.svg
Orixe {{{orixe}}}
Morreu
Ocupación (s) Músico
Xénero Rock
Instrumento(s) Guitarra
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Héroes del Silencio
Bogusflow
Tempo en activo 1993 - actualidade
Web

Alan Boguslavsky, nado en Os Ánxeles (California) o 18 de maio de 1965, é un músico mexicano, nado en Estados Unidos, pero que se trasladou a México sendo aínda moi novo. É coñecido especialmente pola súa etapa coma segundo guitarrista de Héroes del Silencio.

Índice

[editar] Traxectoria

Foi un curmán seu quen lle ensina a dar os primeiros pasos coa guitarra, ensinándolle "Hotel California", "Wish You Where Here"... Pero a súa maior aprendizaxe foi nunha viaxe que fixo por Europa, onde se gañaba a vida tocando. Recorreu Europa cunha mochila e a súa guitarra ao lombo.

Cando regresa a México forma un grupo chamado El Huitlacoche e acompañou a Kenny y los Eléctricos. Un día Kenny fixo unha festa na que estaba tamén Pedro Andreu. Enseguida Alan e el fixeron amizade e Pedro convidoulle a ve-lo seu concerto do día seguinte. Alan quedouse abraiado pola actuación e polo grupo, polo que foi saudarlles ao camerino.

Meses máis tarde, Juan Valdivia (guitarrista de Héroes del Silencio) suxeriu a idea de incorporar un novo guitarrista, porque os arranxos de El espíritu del vino eran moi complicados, así que o que fixeron foi mandarlle unha carta a Alan, que pasaría a ser un integrante máis do grupo.

Tra-la separación de Héroes del Silencio, Alan colabora no primeiro disco de Enrique Bunbury, Radical sonora, e lle acompaña na súa xira. Posteriormente, no 1999 crea o seu propio grupo chamado Bogusflow (en principio quíxoo chamar JADE, pero ese nome estaba xa rexistrado) no que estaban algúns dos músicos que tiña Bunbury. Nese ano saca o su primeiro disco chamado tamén Bogusflow, un disco cargado de eloxios.

No 2002, Alan saca un disco en solitario acústico chamado The Art Of Waiting, gravado na súa propia casa, coa súa voz e unha guitarra como principais protagonistas.

[editar] Discografía

[editar] Álbums

* Bogusflow (1999)
* The Art Of Waiting (2002)

[editar] Véxase tamén


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas