Alacha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alacha
Sardinella aurita
Alacha
Alacha
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Clupeinae
Xénero: Sardinella
Especie: S. aurita
Nome binomial
Sardinella aurita
Valenciennes, 1847
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Alosa senegalensis Bennett, 1831
  • Clupanodon pseudohispanica (Poey, 1860)
  • Clupea allecia Rafinesque, 1810
  • Clupea aurovittata Swainson, 1838
  • Clupea caeruleovittata Richardson, 1846
  • Clupea venulosa Steinitz, 1927
  • Meletta mediterranea Valenciennes, 1847
  • Sardinella anchovia Valenciennes, 1847
  • Sardinella aurita mediterranea (Valenciennes, 1847)
  • Sardinella aurita terrasae Lozano-Rey, 1950
  • Sardinella euxina Antipa, 1906
  • Sardinella pinnula Bean, 1912
  • Sardinia pseudohispanica Poey, 1860

A alacha,[2] lacha,[3] [4] sardinela lombuda,[4] ou sardinela atántica,[4], son varios dos nomes con que en Galicia se coñece a especie Sardinella aurita, Valenciennes 1847, peixe mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos semellante á sardiña e á zamborca.

Características[editar | editar a fonte]

Ten o corpo alongado, fusiforme, de ata 30 cm de lonxitude e coloración azulada cunha conspicula liña amarela ao longo dos flancos que frecuentemente desaparece despois de morto. Os adultos teñen unha pequena mancha negra característica detrás do opérculo e, frecuentemente, a punta da mandíbula, a lingua e a cámara branquial escuras.[5]

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Vive no Atlántico oriental, desde o estreito de Xibraltar e o mar Mediterráneo (onde a súa presenza é esporádica) [5] ata Sudáfrica, e no occidental, desde os Estados Unidos ata á Arxentina.

É unha especie peláxica, migradora, gregaria, que forma cardumes frecuentemente asociado ás sardiñas, buscando as augas máis frías e salgadas onde abunda o alimento; en verán, aproxímase ao litoral, e en inverno volve ás augas máis profundas de alta mar.[5]

Interese pesqueiro e comercial[editar | editar a fonte]

Péscase e comercialízae igual que a sardiña, pero a súa carne é menos graxa e ten numerosas espiñas longas e finas.[5]

Utilízase para a elaboración de conservas de sardiña, pero na etiquetaxe debe indicarse claramente o nome común e científico, para diferenciala ante o consumidor da sardiña verdadeira. Forma parte das denominadas conservas de produtos tipo sardiña xunto a unha longa lista de especies semellantes e comercializadas e presentadas de forma similar ás conservas de sardiña [6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sardinella aurita Valenciennes, 1847 en WORMS.
  2. Ríos Panisse (1977), recolleu este nome na Guardia.
  3. Ríos Panisse, Op. cit., recolleu este nome en Pontedeuma, Noia, Abelleira, Muros e Ribeira.
  4. 4,0 4,1 4,2 Lahuerta e Vázquez (2000)
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Bauchot e Pras (1982), p. 99.
  6. Regulamento (CE) n° 1181/2003 da Comisión, de 2 de xullo de 2003, que modifica o Regulamento (CEE) n° 2136/89 do Consello, polo que se establecen normas comúns de comercialización para as conservas de sardiñas (DOUE L 165, de 3.07.2003) [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alacha

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]