Al Franken
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Alan Stuart "Al" Franken, nado o 21 de maio de 1951 en Nova York, é un humorista, actor, produtor, presentador de televisión e radio e político estadounidense. Membro do Minnesota Democratic-Farmer-Labor Party, partido afiliado ao Demócrata, é senador por Minnesota.
[editar] Traxectoria
Franken fíxose coñecido como guionista e presentador do programa satírico de televisión Saturday Night Live desde o seu comezo en 1975. Tamén actuou e escribiu guións para filmes e series de televisión. Foi comentarista político, autor de cinco libros e presentador do seu propio programa de radio The Al Franken Show na cadea Air America Radio. En 2008, Franken derrotou ao candidato republicano e senador Norm Coleman, por 312 votos de diferenza, Coleman recorreu aos tribunais,[1] pero o Tribunal Supremo de Minnesota recoñeceu por unanimadade a vitoria de Franken o 30 de xuño de 2009.[2] e Franken accedeu ao Senado o 7 de xullo de 2009.
[editar] Notas
- ↑ Kevin Duchschere e Bob von Sternberg (22/4/2009) Coleman asks state Supreme Court to take it slow. Consultado o 6/12/2010.
- ↑ "Coleman concedes Minnesota Senate race after court decision", 2009-06-30.