Alí Bey
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Nome | Domènec Badia i Leblich |
| Alcume | Alí Bey el-Abbassi |
| descrición | espía, arabista e aventureiro |
| Data de nacemento | 1 de abril 1766 |
| Lugar de nacemento | Barcelona |
| Data de morte | ? de 1818 |
| Lugar de morte | Damasco Siria |
Domènec Francesc Jordi Badia i Leblich, nado en Barcelona o 1 de abril 1766 e finado en Damasco en 1818, foi un espía, arabista e aventureiro catalán, coñecido tamén como Alí Bey el-Abbassi.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Pedro Badía e Catalina Leblich. En 1778 trasladouse a Cuevas de Almanzora (Vera, provincia de Almería) a causa do nomeamento do seu pai como contador de guerra e tesoureiro do partido xudicial de Vera. Alí, comeza a interesarse polo mundo musulmán debido ao ambiente mourisco que predominaba por aquel entón naquela comarca. En 1792 múdase, xunto á súa esposa Mariquita, a Córdoba para desenvolver o seu traballo como Administrador de Rendas de Tabaco. En Córdoba estuda árabe e interésase pola aerostación. Esta última levouno á bancarrota e, en 1793, decide marcharse á Corte con toda a súa familia.
No ano 1803, por encargo de Manuel Godoy (Primeiro Ministro de Carlos IV), emprendeu unha longa viaxe por territorios musulmáns, facéndoo camuflado como notable musulmán descendente dos Abbasíes e baixo o nome de "Ali Bey el-Abbasí". As súas viaxes levárono a Marrocos, Alxeria, Libia e diversas rexións do Imperio Otomán (Exipto, Arabia, Siria, Turquía e Grecia), visitando rexións nas que nunca antes estivera un occidental.
En 1808, en plena guerra de independencia despois dunha conversación con Carlos VI que o decepciona profundamente, preséntase a Napoleón para prestarlle os seus servizos. Este desconfía ao comezo, porén máis tarde envíao xunto cunha carta de recomendación ao seu irmán José I.
O 5 de abril de 1810, é nomeado prefecto da cidade de Córdoba por José I, ostentando este cargo por espazo de 15 meses ata o 14 de xullo de 1811.
En 1818, tras cambiar o seu antigo nome polo de "Alí Othman" diríxese a Damasco. Con todo é descuberto polos servizos de intelixencia ingleses que o envelenan.
Home dunha ampla cultura, deixou escrita unha narración das súas viaxes e magníficos debuxos titulada Viaxes en Marrocos, Trípoli, Chipre, Arabia,Siria e Turquía, nos que xunto con descricións pormenorizadas das cidades que visitou, plasmou as súas observacións sobre xeografía, botánica, zooloxía, entomoloxía, xeoloxía e meteoroloxía. Un dos episodios máis destacables da súa viaxe é a peregrinación a A Meca, sendo o primeiro europeo en pisar estas rexións e en entrar no santuario da Kaaba.
As súas viaxes foron lidas en toda Europa e promoveron a curiosidade pola cultura islámica. Admirárono, aínda que con certas reticencias, Sir Richard Francis Burton, quen realizou unha proeza semellante, e Alexander von Humboldt.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Bibliografía no Semanario Pintoresco Español, 5 de marzo de 1839 (en castelán).
- Ficha do seu libro de viaxes, na Biblioteca de Catalunya (en catalán).