Akita Inu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Akita Inu.

O Akita o Akita Inu (秋田 犬?) - traducido como "can de Akita", é unha raza canina orixinaria do Xapón, chamada así pola prefectura de Akita. Ó inicio foi un can de caza maior e durante xeracións usouse por parte dos guerreiros do Xapón como can de defensa e ataque, e tamén para cazar osos. Considérase unha raza á parte do Akita americano.

En España está considerado coma unha raza potencialmente perigosa por Real Decreto[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Hai constancia da existencia do Akita inu dende hai máis de 3000 anos, aínda que a súa historia é un grande interrogante. O akita inu recibiu varios nomes ó longo do tempo, dependendo da función que desempeñaba. Por este motivo foi chamado "Matagi-inu" (can de caza), "Kurae-inu" (can de guerra) e "Odate-inu" (can de providencia).

Esta raza era utilizada para a caza de osos, polo seu tamaño mediano. Non obstante, a partir de 1603, empezou a utilizarse como can de pelexa, e buscando unha raza máis grande e agresiva, cruzouse o Akita inu co Tosa Inu ou mastín inglés. Este feito fixo que perigase a raza pura do Akita inu, e que desaparecesen del moitas características dos cans de tipo Spitz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de la Presidencia (27 de marzo de 2002). "Real Decreto 287/2002, de 22 de marzo, por el que se desarrolla la Ley 50/1999, de 23 de diciembre, sobre el régimen jurídico de la tenencia de animales potencialmente peligrosos.". Boletín Oficial del Estado (74): 12290–12292.