Akira Yoshizawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Akira Yoshizawa.

Akira Yoshizawa (吉澤 章 Yoshizawa Akira?), nado en Tochigi, o 14 de marzo de 1911, finado o 14 de marzo de 2005 en Tokio. Foi un notábel mestre do origami xaponés. Recoñéceselle ter elevado o origami dende a artesanía ou o pasatempo á condición artística, sendo polo tanto un dos "pais do origami".[1] Dacordo a unha estimación propia de 1989, creara máis de 50.000 modelos, dos cales só uns poucos centos de deseños foron publicados nos seus dezaoito libros. Segundo a tradición máis pura do origami, para os seus deseños nunca empregou tesoiras, pegamento ou adornos adicionais ás figuras.

Ó longo da súa carreira, Yoshizawa levou a cabo labores de embaixador cultural internacional do Xapón. En 1983, o emperador xaponés Hirohito otorgoulle a Orde do Sol Nacente, un das maiores honras que pode recibir un cidadán xaponés.

O 14 de marzo de 2012, Akira Yoshizawa foi homenaxeado por Google cun doodle conmemorativo do 101º aniversario do seu nacemento.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Akira Yoshizawa