Akimiski
| Akimiski | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
| Datos | |||||
| Capital | |||||
| País | Canadá | ||||
| Linguas | Inuit | ||||
| Poboación (2007) | Deshabitada | ||||
| Superficie | 3.001 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 53°00′N 81°20′W / 53°N 81.333°W | ||||
| Maior Altura | |||||
A Illa Akimiski (Akimiski Island) é a illa máis grande da Baía de James (área sueste da Baía de Hudson), Canadá, que forma parte da Rexión de Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut.
Índice |
Xeografía [editar]
Ten unha superficie de 3.001 km² , o que a fai ocupar o lugar 164ª do mundo e 29ª de Canadá.
A illa está deshabitada, só edificacións para científicos e funcionarios do Santuario de Paxaros Migratorios da Illa Akimiski, establecido en 1941. A superficie de Akimiski é plana, con ladeiras orientadas gradualmente cara ao norte. A maior parte da vexetación que cobre a illa componse de líquens, brións, herbas Cyperaceaes e abetos negros ananos. A metade oriental da illa é un santuario de aves migratorias. A illa é un humidal costeiro que inclúe marismas, pantanos de marea, e marismas de marea. Algúns arroios de auga doce que desembocan no suroeste da Baía de James levan como sedimentos abundantes nutrintes que axudan a manter o produtivo hábitat das aves acuáticas ao redor da Illa Akimiski.
Natureza [editar]
A Illa Akimiski é o fogar dun dos Santuarios de Aves Migratorias.Véxase lista de aves do parque en: [1] As augas costeiras e os humidais de Illa Akimiski (e da Baía de James, en xeral) son importantes áreas de alimentación para moitas variedades de aves migratorias. A Baía de James e a Baía de Hudson teñen forma de embude e iso é a causa de que a migración de aves desde o Ártico tenda a concentrarse neste ámbito. Durante a migración do outono, existe unha abundancia de aves, tanto adultas como novas. Na primavera, as aves tenden a residir nas zonas meridionais da Baía de James ata a sección norte en desxeo. O Grupo da Illa Akimiski inclúe as illas de Akimiski, Gasket e illas Gullery; Albert Shoal e as illas do Estreito de Akimiski.
Bibliografía [editar]
- Blaney, C S, and P M Kotanen. 2001. "Articles - The Vascular Flora of Akimiski Island, Nunavut Territory, Canada". The Canadian Field-Naturalist. 115, no. 1: 88.
- Hill, Michael Robert John. Factors Influencing Pre- and Post-Fledging Growth and Survival of Canada Goose Goslings on Akimiski Island, Nunavut. Ottawa: National Library of Canada = Bibliothèque nationale du Canada, 2000. ISBN 0612425274
- Martini, I. P. Sedimentary Geology of Akimiski Island, Canada. Sedimentary geology, v. 37, no. 4. Amsterdam: Elsevier, 1984.
Ligazóns externas [editar]
-
- NASA Photo : "STS085-713-070 Akimiski Island"