Akademio de Esperanto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Akademio de Esperanto (AdE) é unha institución lingüística independente que ten como tarefa conservar e protexer os principios fundamentais do Esperanto e controlar a súa evolución.

Historia[editar | editar a fonte]

O antecedente da Akademio de Esperanto fundouse en 1905 no primeiro Congreso Universal de Esperanto seguindo unha proposta de L. L. Zamenhof co nome de Lingva Komitato, no seu seo funcionaba unha comisión superior denominada Akademio de Esperanto. En 1948 durante unha reorganización da institución pasou a denominarse co nome desa comisión superior.

Seccións[editar | editar a fonte]

A Akademio de Esperanto funciona con seccións que se encargan de diferentes aspectos, esas seccións non son fixas senón que se crean conforme as necesidades de cada momento, cada sección está baixo a presidencia dun director e cada académico pode pertencer a varias. En 2007 existían as seguintes seccións: Lingua especializada, gramática, dicionario xeral, literatura, pronuncia, control de materiais didáctios e consultas.

A AdE tamén ten comisións que realizan diversas tarefas non lingüísticas, cada comisión está dirixida por un director, en setembro de 2007 só existía unha, a de Historia da Akademio de Esperanto.

Membros[editar | editar a fonte]

A Akademio consiste de 45 membros nomeados para un período de nove anos. Cada novo membro debe ser proposto por polo menos cinco membros representando un mínimo de tres linguas diferentes.

Presidentes[editar | editar a fonte]

Nationalitade Nome Mandato
Países Baixos Países Baixos Johannes R. G. Isbrücker 1948 - 1963
Flag of France.svg Francia Gaston Waringhien 1963 - 1979
Reino Unido Reino Unido William Auld 1979 - 1983
Flag of France.svg Francia André Albault 1983 - 1995
Alemaña Alemaña Werner Bormann 1995 - 1998
Flag of Brazil.svg Brasil Geraldo Mattos 1998 - 2007
Reino Unido Reino Unido John C. Wells 2007 - en mandato

Membros[editar | editar a fonte]

En 2008 os 45 académicos eran os seguintes: