Lingua akán
O akán é unha lingua, ou un conxunto de dialectos relacionados entre si, do grupo kwa que se fala en Gana, foi a lingua do imperio Ashanti[1] ISO/DIS 639-3: aka
Índice |
Falantes [editar]
8.300.000 (2004)[2]
- 2.800.000 asante, 1.900.000 fante e 555.000 akuapem
Distribución xeográfica [editar]
O fante fálase na costa ao oeste de Accra, o akuapem é a lingua dos montes ao norte de Accra e o asante fálase no oeste de Gana.
Dialectos [editar]
Os dialectos literarios do akán son:
Dialectos non literarios
- Agona
- Ahafo
- Akyem Bosome
- Asen
- Dankyira
- Kwawu
O abrong de Costa do Marfil podería incluírse entre os dialectos akán, pero carece de forma escrita e hai a tendencia a consideralo unha lingua independente. O asante e o akuapem forman o twi.
Usos sociais [editar]
As primeiras en dar forma escrita ao akán foron os europeos que se achegaron ás costas de Gana, en 1673 fíxose un glosario de asante que se publicou en alemán e en 1764 realizouse unha gramática de asante que se publicou en danés, ou o dicionario Johann Gottlieb Christaller en akuapem de 1881.
Os primeiros misioneiros que se asentaron en Gana escolleron o akuapem para publicaren gramáticas, dicionarios e literarura relixiosa, estas obras esparexéronse polo territorio asante, converténdose a escrita akuapem na utilizada no seu territorio ata os anos 1960 cando se desenvolveu a ortografía asante.[3] Cada dialecto ten a súa propia forma escrita, aínda que o Bureau of Ghanian languages unificou as ortografías akán en 1981 pero non chegou a implementarse, de feito só se publicou un libro [4]con esa ortografía, o libro de himnos Kristofoɔ Ndwom Nwoma. O akán é unha lingua promovida polo goberno ganés, é a lingua de ensino nos primeiros tres niveis de ensino no seu territorio tradicional, ademais fóra del funciona como lingua vehicular e é materia de ensino en todo o país.
Hai publicacións periódicas, emisoras de radio, un programa semanal na televisión e unha certa literatura, sobre todo teatro e relatos tradicionais.
Notas [editar]
- ↑ Andrew Dalby, Dictionary of Languages. Bloomsbury, 1998, páxina 9
- ↑ Ethnologue
- ↑ Mary Esther Kropp Dakub Korle Meets the Sea: A Sociolinguistic History of Accra. Oxford University Press, 1997, páxina 125
- ↑ Andrew Simpson Language and National Identity in Africa. Oxford University Press, 2008, páxina 152