Aiulfo I de Benevento
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aiulfo I (tamén Aión) foi duque de Benevento desde o 641 ata a súa morte en 646 como fillo e sucesor de Arechis I. Con todo, tiña problemas mentais e os seus irmáns adoptivos Radoaldo e Grimoaldo foron rexentes seus. No 646, invasores eslavos desembarcaron preto de Siponto no Adriático. Aiulfo dirixiu en persoa as súas forzas contra os invasores, pero o seu cabalo caeu nun foxo cavado polos eslavos arredor do campamento e foi rodeado e matado. Sucedeuno o seu irmán Radoaldo.
| Ducado de Benevento | ||
|---|---|---|
Segue a: Arechis I de Benevento |
Aiulfo I de Benevento | Precede a: Radoaldo de Benevento |
| - | ||