Illa Aitutaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Aitutaki")
Aitutaki
Vista aerea de Aitutaki
Datos
País Illas Cook
Illa principal Aitutaki
Linguas
Poboación (2001) 1.946 hab.
Superficie 18 km²
Superficie lagoa 50 km²
Nº de illas 17
Coordenadas 18°50′S 159°45′W / 18.833°S 159.750°W / -18.833; -159.750
Maior Altura 124 m. monte Maungapu
Localización
Localización do atol

Aitutaki é unha das illas Cook meridionais, situada a 225 km ao norte de Rarotonga. Localizado a 18°50' S e 159° 45 W.

Aitutaki é case un atol de forma triangular, cunha illa volcánica, Araura, e unha lagoa rodeada por un arrecife con 13 illotes baixos de coral. A illa de Araura ten unha superficie de 17 km² e unha altitude máxima de 124 metros no monte Maungapu. Os illotes teñen en total unha superficie de 2,4 km². A lagoa ten unha profundidade de entre 1 e 3 metros, cun fondo de area que lle dá unha característica cor turquesa transparente.

A vila principal é Arutanga na costa interior da illa. A poboación era de 1.946 habitantes no censo de 2001. Á punta norte do triángulo dispón dun aeroporto. O turismo é cada vez máis importante (é a segunda illa máis visitada das Illas Cook), atraído pola imaxe idílica de illas deshabitadas con praias de palmeiras preto dunha lagoa azul.

Os polinesios establecéronse en Aitutaki probablemente no século X. O primeiro contacto europeo foi co capitán William Bligh, en 1789 pouco antes do amotinamiento do HMS Bounty.

Desde 1972 Aitutaki ten un servizo postal propio cuns selos apreciados polos coleccionistas. Están imprimidos por Heraclio Fournier en Vitoria.