Aitor Ocio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aitor Ocio
Aitor ocio.jpg
Información persoal
Nome completo Aitor Ocio Carrión
Nacemento 28 de novembro de 1976 (37 anos)
Lugar Vitoria, España
Altura 1,86 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Athletic Club
Número 20
Carreira xuvenil
Alavés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1994–1998 Aurrerá 65 (3)
1998–1999 Eibar 29 (0)
1999–2000 Albacete 34 (0)
2000–2001 Osasuna 14 (0)
2001–2003 Athletic Club 33 (1)
2003–2007 Sevilla 64 (3)
2007– Athletic Club 62 (1)
Selección nacional
1992 España sub-16 5
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 6 de novembro de 2011.
† Aparicións (Goles)

Aitor Ocio Carrión, nado o 28 de novembro de 1976 en Vitoria, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual club é o Athletic Club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira no Aurrerá de Vitoria da súa cidade natal. Logo pasou unha tempada polo Eibar ata recalar no Albacete Balompié cedido polo Athletic Club, club ao que xa pertencía, destacando na zaga manchega disputando máis de 34 partidos. Tras a excelente tempada co Albacete, foi cedido polo Athletic Club ao Osasuna que militaba en Primeira División. A súa regularidade abriulle as portas do primeiro equipo do Athletic Club, pero foi no Sevilla FC co que conseguiu triunfar no mundo futbolístico.

Foi o segundo capitán do Sevilla FC, logo de Javi Navarro, na tempada 2006-2007. No verán de 2007 volve recalar no Athletic Club ata o día de hoxe. O seu desexo é o de retirarse no seu equipo de sempre o Athletic Club.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Año
Copa do Rei Sevilla FC España 2007
Supercopa de España Sevilla FC España 2007

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa da UEFA Sevilla FC España 2006
Supercopa de Europa Sevilla FC España 2006
Copa da UEFA Sevilla FC España 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]